A finais de novembro o debut dos neoiorquinos Blues Magoos cumpría 50 anos!! "Psychedelic Lollipop" foi un dos álbumes que marcou unha época e unha tendencia no tempo. Foron, despois dos 13th Floor Elevators, o seguintes en incluir o termo psychedelic nunha portada de rock, e principais referentes efímeros do garage psych na costa este a mediados dos 60s.
Comezaron como banda de high school no 64 e tras varios cambios de nome debutaron en longo con este álbum en 1966, cando o guitarrista Emil “Peppy” Theilhelm aínda tiña 16 anos. O peso dos seus temas o levaban Gilbert, Espósito e Scala, autores do seu hit eterno '(We Ain't Got) Nothin' Yet' que abría este álbum, ademáis de 'Love Seems Doomed', 'Sometimes I Think About' e 'One by One' que eran os catro temas propios aínda que con brillantes melodías pop se perdían no seu intento de soar a baladas. Logo seis versións ácidas de clásicos do rhythm'n'blues coma o 'I'll go Crazy' de James Brown, ou de blues como a mítica 'Tobacco Road' de John Loudermilk, os xogos de voces de 'Gotta Get Away' ou a fantástica 'She's Coming Home' de Roger Atkins para pechar o álbum.
O seu seguinte traballo "Eclectric Comic Book" aínda mantivo certo recoñecemento, pero a banda foise diluíndo nuns sons que nada tiñas que ver co seu éxito Nothin' Yet. Aínda así, este é un imprescindible.
BLUES MAGOOS "Psychedelic Lollipop"
(Mercury / Fontana, 1966)
No hay comentarios:
Publicar un comentario