miércoles, 7 de diciembre de 2016

Sun Ra "Singles. The Definitive 45s collection Vol.1: 1952-61"

Nova recopilación do extraterrestre SUN RA, que nos chega dende Strut Records, que parecen empeñados en que non quede nada sen reeditar da súa desproporcionada carreira de jazz intergaláctico.
Preséntase en varios formatos diferentes ao gusto de todo tipo de coleccionistas. O 25 de novembro lanzáronse dúas edicións diferentes en vinilo, que reúnen os seus singles entre 1952 e 1961: "Singles. The definitive 45s collection Vol.1: 1952-61". A primeira e máis exclusiva é un box set con 10x7'' a 45rpm, réplicas dos singles orixinais, auténticas rarezas con 20 cortes en total, do que só se lanzaron 500 unidades e parece que xa está esgotado. Ademáis un triple vinilo con 35 temas en total. Ahí atoparedes os seus delirios espaciais con tóda-las formacións da época: Sun Ra, Le Sun Ra & His Arkistra, The Qualities, Yochanan, The Space Age, The Cosmic Rays e Sun Ra & His Astro Infinity Arkestra. O volumen 2 destas edición sairán xa en marzo do 2017 comprendendo o período 1962-1991.
Pero se non queredes agardar, xa lanzaron a edición completa en tres cds, un volumen único que comprende dende 1952 ata 1991.
En tódo-lo formatos, e a gusto de todos!.

SUN RA "Singles. The definitive 45s collection Vol.1: 1952-61"
(Strut Records, 2016)



No hay comentarios: