Novo disco de Neil Young!
Despois de varios lanzamentos xunto cos Promise of the Real como banda de acompañamento (tanto no estudio coma nos últimos directos que lanzou este ano), agora volve cun formato moito máis sinxelo.
"Peace Trail" foi gravado en só catro días coa producción de Rick Rubin, xunto cos músicos de sesión Jim Keltner á batería e Paul Bushnell no baixo, Young por suposto na guitarra e voz. Son dez temas acústicos, en pequeno formato, que soan a auténtica gloria, de feito algunha desas pezas podería ser un tema moitísimo maís grande con outro plantexamento, pero así é Neil Young, lanza os que seguramente sexan os seus mellores temas nos últimos anos e o fai deixándoos literalmente a medias, ou esa é a sensación. O álbum segue co tono de denuncia habitual dos últimos anos: 'Indian Givers', 'Show Me', 'Texas Rangers', 'Terrorist Suicide Hang Gliders', 'Glass Accident', ou 'My New Robot', ademáis os temas do propio Sendeiro de Paz, ou a fantástica 'Can't Stop Working'.
Blues e rock acústico delicioso. Mañan sae en todo o mundo.
NEIL YOUNG "Peace Trail"
(Reprise Records, 2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario