jueves, 22 de diciembre de 2016

Rolling Stones "Five by Five EP"

Imos cunha xoia de outra época. "Five by Five" foi o segundo EP dos Rolling Stones, lanzado en agosto do 64, despois do lanzamento da versión estadounidense do seu primeiro álbum. 
Coma o seu nome indica son cinco temas feitos por cinco músicos. 
No 7'' inclúense tres versións de rhythm'n'blues: 'If You Need Me' de  Wilson Pickett, 'Confessin' the Blues' de Walter Brown, e 'Around and Around' de Chuck Berry, ademáis de dous temas propios, 'Empty Heart' e '2120 South Michigan Avenue', firmadas por Nanker Phelge, que era o pseudónimo que empregaban Jagger e Richards para os temas que compoñían conxuntamente.
O mes pasado atopeime cunha copia da reedición que fixeron polo Record Store Day do 2013. Un menos que me falta na colección.

THE ROLLING STONES "Five by Five"
(Decca, 1964)



No hay comentarios: