sábado, 31 de diciembre de 2016

Nadal Soul 2016: os agradecementos

Rematou o Nadal Soul 2016, e o RIF-ROCK e o CONTINENTAL queremos amosar a nosa satisfacción por esta nova edición, e o agradecemento a tódolos participantes, colaboradores e público que o fixéchedes posible durante estas tres semanas.
En primeiro lugar a COBESA,  empresa colaboradora, a través das súas marcas Super Bock e Summum, por implicarse por terceiro ano consecutivo con esta historia.
Por suposto ás bandas e picadiscos que o fixeron posible: os LITTLE JUICE e BLACK ICE TWICE, e ós encargados de tóda-las sesións: Chief Bromden, Munstaphá, Professeur B.B. e Michi Calambres. Unha chea de persoal que foron os que realmente montaron toda esta festa. 
E tamén os compoñentes das bandas que coa premura das datas tivemos que deixar para outra ocasión, gracias pola vosa comprensión.
E o máis importante, gracias a todo o público que unha noite tras doutra abarrotáchedes os dous locais nestas noites de programación.
Gracias a todos!! O próximo ano máis Nadal Soul!


No hay comentarios: