O do sábado foi impresionante.
Era a primeira sesión vermú da historia do Rif-Rock. Sesión matinal, sábado e Noiteboa, todo montado para a presentación de Ulomanía Coop. e os DEAD WOOD co seu primeiro single, "Spirit Away b/w CBA Blues" (ULO-001), coa propia banda en directo, e unha chea de colaboradores que quixeron aportar o seu apoio para montar unha festa como a ocasión o merecía. Non se presenta un disco de debut tódo-los días...
Apareceu a familia Dead Wood case ao completo, incluído Javi Sueiro, mestre da zanfoña, e Brais Ramos. Só nos faltou Breo Gun por razóns laborais. O concerto centrouse nos seus propios temas, algúns novos incluídos coma 'Weirdo Cabaret', 'Old Stone Bridge', 'Boneyard' ou 'Brother in Law', e por suposto co protagonismo dos temas que presentaban no 7''. Remataron con tres versións, incluída a colaboración sorpresa dos Family Folks que tampouco que quixeron perder a festa dos seus amigos, e ademáis Rubén Suárez é o responsable do deseño do disco, tiña que estar ali.
Unha hora e pouco de concerto, pinchos, vinilos, moita cervexa e o todo o persoal entregado coa banda, e con moitos nenos bailando para darlle outro aire á primeira vez que abríamos á luz do día nos nosos case 18 anos vida.
Un día irrepetible que non sería posible sen toda a xente que se involucrou nesta historia, e aos que temos que darlle as gracias un vez máis: Real Conservera Española, Albariño 12 Cuncas e o proxecto Enoturismo Rías Baixas. De parte do Rif-Rock e de Ulomanía, moitísimas gracias a Iñigo e Marcos por apuntarvos a esto en tan pouco tempo, a Isi por todas esas horas de traballo extra (espectacular!!), e a Xaco por poñelo en marcha e coordina-lo todo (o vermú era o de menos!! eso xa queda para a historia do local...). E gracias a todos por reventar o Rif-Rock nesa sesión matinal (ata esgotar existencias) e mercar moitos exemplares por adiantado. E por tódo-los días desta fin de semana de Nadal. E aos que fixéchedes triplete moito máis!!
Xa tedes subido o concerto comleto na nosa canle de youtube, e nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) e aquí todo seguido en lista de reprodución:
No hay comentarios:
Publicar un comentario