Aquí tedes o programa completo desta terceira edición do NADAL SOUL que organizamos entre o Café CONTINENTAL e o RIF-ROCK neste Nadal 2016.
Unha programación conxunta nos dous locais entre os días 16 e 30 de decembro, este ano con só dous concertos a causa das datas dispoñibles, con LITTLE JUICE e os BLACK ICE TWICE, e cinco sesións adicadas á música negra a cargo do Professeur B.B., Chief Bromden, Munstaphà e Michi Calambres. Todo repartido en tres semanas.
Ademáis, igual que nas pasadas edicións, coa participación de COBESA a quenes agradecemos de novo a súa colaboración, a través das marcas SUPER BOCK e GIN SUMMUM, con precios especiais dos seus productos durante as noites de concerto.
E todo con entrada de balde. Non vo-lo perdades!!
Aquí tedes todo ordenado por días.
*Os horarios dos concertos son en torno á media noite como se indica no cartel, e as sesións nos dous locais comezarán sempre despois dos concertos:
Venres 16 dec.
RIF-ROCK: sesión Fuck'U Whiteys... Black Grooves (Munstaphà).
Sábado 17 dec.
RIF-ROCK: sesión Chief Bromden.
Venres 23 dec.
RIF-ROCK: LITTLE JUICE en directo + sesión Professeur B.B.
Venres 30 dec.
CONTINENTAL: BLACK ICE TWICE en directo + sesión Chief Bromden.
RIF-ROCK: sesión Michi Calambres.
---> as bandas:
LITTLE JUICE.
Xa os coñeceredes pola súa presentación no Rif-Rock no noso aniversario do 2015. Tras un parón obrigado volven con máis gañas, e para quedarse. Son un quinteto formado por Irene Ríos (voz), Javier Feijoo (guitarra), Julio Abal (teclados), Sandra López (batería) e o habitual do noso escenario Isidro Dozo ó baixo. Amantes do blues, soul e rock clásico, foron derivando estilísticamente e integrando ritmos e melodías pop, mesturando temas propios e versións con un formato soft, que se adaptado á perfección ás características do local.
Seguídeos no seu facebook.
BLACK ICE TWICE.
The Manchester/Galicia connection!
Black Ice Twice son Adam Twice e Paul Black. Preséntanse coma un proxecto de dúas persoas non moi equilibradas, que se creen músicos, e queren difundi-los seus "tiki-takus" co resto do mundo, e de paso con algunha civilización extraterrestre cercana. Disco, Pop e Funk. Teredes que pasarvos polo Continental para velos en acción.
Seguídeos no seu facebook.
---> os picadiscos:
Ademáis dos concertos, unha boa selección de música para tódo-los días, con sesións especiais. O primeiro fin de semana no Rif-Rock coa entrega mensual do da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves! con Munstaphá na cabina; o sábado 17 tamén no Rif-Rock será o turno do Chief Bromden, que fará dobrete tamén no Continental o venres 30 coas súas sesións criollas de funk,soul e blues; o venres 23, despois do concerto do Rif-Rock será o turno do Professeur B.B. co seu maletín chego de soul, funk e moito ye-yé francés, e por último Michi Calambres, será o encargado de poñer o fin de festa no Rif-Rock o sábado 30.
Un programa ben completo, non atoparedes un plan mellor para este mes!!
Xa vo-lo iremos lembrando cada semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario