jueves, 22 de diciembre de 2016

Melange "Melange"

O máis seguro é que este ano tampouco fagamos lista de álbumes estatais, así que non podíamos remata-lo ano sen recomendarvos un dos que máis me gustaron deste 2016.
Melange son unha banda de Madrid, formadas por exmembros dos fantásticos Lüger e Los Imposibles. Deixáronme alucinado no WOS en setembro, e o seu álbum de debut outro tanto do mesmo.
Son 15 temas, un traballo moi ambicioso, no que atopamos de todo, rock psychodélico, folk, space-rock, elementos de progresivo, o mellor do sixtie anglosaxón e ata ye-yé ao máis puro estilo ibérico... 
Lanzaron "Melange" nun lp dobre autoproducido, cunha tirada de só 500 copias, por suposto, esgotadísimo, pero podedes pasarvos polo seu bandcamp
Poñédeo enteiro e deixádevos ir. Discazo!!

MELANGE "Melange"
(Discos Tere / Melange, 2016)



No hay comentarios: