Imos cun par de álbumes dos que levamos meses repasando e queremos recomendar antes de que remate o ano.
En setembro volveron os Teenage Fanclub. "Here" é o seu décimo álbum de estudio en case 30 anos de carreira dos escoceses, e despois dos anteriores ("Man-Made" do 2005, e "Shadows" dos 2010) dábame moita pereza poñerme con outra decepción máis. Pero desta vez volveron ao son que lles convertiron en iconos do pop dos 90s, deixando os anteriores intentos de actualizarse. 'I'm in Love', 'Thin Air', 'Hold On' ou 'The Darkest Part of the Night' son catro bos exemplos dese pop melancólico e perezoso doutra época, con melodías casa perfectas, ou 'The First Sight' e 'Live in the Moment' con un pouco máis de nervio. Un pracer telos de volta.
.
TEENAGE FANCLUB "Here"
(Merge / PeMa, 2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario