viernes, 2 de diciembre de 2016

The Rolling Stones "Blue and Lonesome"

Nunca me interesaron nen o máis mínimo ningún dos lanzanmentos dos Rolling Stones que me tocaron vivir, de feito abúrrenme bastante tódo-los seus discos dende os 70s en diante (exactamente dende que meteron o logotipo da lingua, agás o "Exile on Main Street"), pero cada vez doulle máis voltas aos seus discos e 7'' dos 60s. Por eso o anuncio do novo álbum de volta as súas orixes levantoume a curiosidade.
Hoxe mesmo sae este "Blue and Lonesome". Richard xa advertira hai meses que ía ter moito Chicago blues, e así é. Son doce versións de blues, práctimente como facían nos seus primeiros traballos cando tiñan só 20 anos, e aquí está o seu tributo a Willie Dixon, Howlin' Wolf, Memphis Slim, Magic Sam ou Eddie Taylor. Todo gravado a comezos de ano nos British Grove Studios (propiedade de Mark Knoffler) e coa colaboración de Eric Clapton en dous temas.
Quedou atrás a pureza do 64 e o seu descaro. Os temas igual pedían un tempo diferente, e incluso menos elaboración, que parece que non pero teñen moita. E aínda así será o álbum dos Rolling dos últimos 40 anos que maís veces escoite en moito tempo. Logo está o tema das portadas horribles, pero xa hai moitos anos que non teñen solución.

THE ROLLING STONES "Blue and Lonesome"
(Polydor, 2016)



No hay comentarios: