miércoles, 31 de enero de 2018

Airas & Drama Queens: 'Despois do ceo'

Aínda nos quedaba material por subir do último concerto do ano.
Foi o directo dos Drama Queens do 30 de decembro do 2017, pero sobre todo faltaba por repasar máis material da sesión golfa de despois, con Kevi Aragunde e Carlos Abal facendo temas de Airas. Aquí tedes algo máis do que puidemos rescatar desas horas. Foto e video de 'Despois do Ceo'.



Cuchillo de Fuego "Megavedra"

Unha das bandas máis potentes de hardcore do país son os pontevedreses Cuchillo de Fuego. O seu álbum do 2017 non entrou entre os mellores da revisión do ano pasado polos pelos, pero agora caímos na conta de que aínda non vo-los recomendaramos neste blog. Así que, ahí vai.
"Megavedra" é o seu segundo lp, lanzado por Humo, en setembro pasado. Hardcore potente e rítmico, punk acelerado e intenso con algunha letra inesquecible. Sobre todo non quedaredes enganchado ao clip de 'Nocturno'. Recomendados!.
Cuchillo de Fuego no bandcamp
Web de Humo

Cuchillo de Fuego "Megavedra
(Humo, 2017)




martes, 30 de enero de 2018

Ty Segall "Freedom’s Goblin"

O venres pasado saíu un dos grandes lanzamentos deste comezo de ano.
O "Freedom's Goblin" de Ty Segall, a nova entrega do californiano da que xa foi adiantando temas nos últimos meses a través do seu bandcamp, pero non contabamos que fora un álbum desta magnitude. Un álbum dobre, con 19 temas, tan ambicioso coma o 'Manipulator', ou aínda máis, porque neses cortes cabe de todo. Como indican na promo, tentaba deixar saír a liberdade estética e emocional, e o resultado é o máis variado de toda a súa discografía. Para conseguilo foi gravando con cinco formacións distintas en diferentes cidades, con diferente producción, e todo coa supervisión de Steve Albini.

TY SEGALL "Freedom’s Goblin"
(Drag City, 2018)


A primeira escoita costou, semella un álbum deslabazado, sen orde nin sentido, pero con un par de voltas máis, a cousa empeza a cambiar. E moito.
Hai pezas que seguen a súa fórmula habitual: 'Fanny Dog', un tema sobre a súa cadela co que abre o álbum, 'Shoot You Up', ou 'Every 1's a Winner' e 'Alta' que son dous auténticos pelotazos marca da casa. Temas coma 'Rain', a máis psychodélica de inspiración sixtie, ou o hard rock de 'She', poden ser máis habituais no seu repertorio, pero dende aquí amplía as súas posibilidades ata onde nunca o fixera antes. Aparece todo salpicado de pezas de experimentación, o ruidismo de 'Meaning', na que participa a súa esposa Denée a berro limpio, o post-punk-free-jazz de 'Talkin 3' inspirado por James Chance, ou os xogos coas caixas de ritmo en 'Despoiler of Cadaver'. E por se vos parecía pouco, tamén pezas de pop artesano e acústico, nas que a perfección das melodías levan todo o peso do tema, coma en 'My Lady's On Fire', as beatlelianas 'Rain' e 'Cry, Cry, Cry', 'You say all the nice things', 'I´m Free' ou 'The Last Waltz'. Para rematar unha especie de jam de blues alucinado 'And, Goodnight' que é una versión do 'Sleep' alongada ata os 12 minutos, e aínda me deixo varias para que vos soprendades un pouco máis.
Coustoume varias escoitas, pero unha tras doutra non fixeron máis que engancharme a este álbum tremendo. Ty Segall non podía fallar. 
Recomendadísimo, coma sempre.


lunes, 29 de enero de 2018

Black Grooves#54

O venres pasado tivemos a primeira entrega da serie Black Grooves deste ano, e aquí tedes unha selección con unha hora de temas sacados do baúl.

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 26 xan.2018)




lunes, 22 de enero de 2018

Dr John "Gris Gris"

Hoxe toca volver a falar dun álbum que xa vos recomendamos noutras ocasións. Cumprense 50 anos do lanzamento do "Gris Gris" do Dr. John.
Logo de varios intentos de comezar a súa carreira musical a finais dos anos 50, e una etapa de experimentación pyschodélica en varias bandas californianas, en 1967 M.J. Rabennack volveu a New Orleans convertido xa en Dr John, The Night Tripper, totalmente decidido a dar renda solta ó seu propio proxecto. 
En xaneiro do 68 chegaba o seu álbum de debut, "Gris-Gris", unha mestura do rock máis ácido da época coa tradición criolla da súa New Orleans natal, cerimonias vudú e bailes tribais que marcaría para sempre a súa carreira. A súa fórmula aínda melloraría nas seguintes entregas, pero "Gris-Gris" é un clásico da psychodelia máis escura e persoal de finais dos 60s. 
Hoxe cumpre 50 anos. Un imprescindible en calqueira colección.

DR. JOHN, THE NIGHT TRIPPER "Gris-Gris"
(ATCO, 1968)



Jim Rodford

Jim Rodford
(1941 - 2018)
Argent / The Kinks / The Zombies



viernes, 19 de enero de 2018

Futuro Terror "Precipicio"

Volvemos cos Futuro Terror, unha das bandas estatais máis interesantes dos últimos anos. O terceiro álbum dos alicantinos saíu a finais do ano pasado e aínda nos fixemos agora con el. "Precipicio" é outra entrega do seu característico son, post-punk afiado e de rítmica contundente, hardcore, e melodías inconfundibles, e unhas letras que son do mellor que escoitaredes nestes tempos, ou como din na web de B-Core "letras con querencia por el misterio, lo desconocido o lo sobrenatural, con un par de incursiones en la imaginería soviética", brillantes!!
Arranca coa enérxica 'Precipicio', segue 'Se encerró', que xunto con 'Aburrimiento' son os dous cortes máis old school do álbum. Quedaredes impresionados coa tráxica e misteriosa historia de 'El paso Dyatlov' como single de presentación, e o temazo 'Urgentes'. Ofrécennos algo de pausa con 'Aelita' sobre o filme soviético, e volven a toda velocidade con 'Insectos devorando', para rematar a divertida 'Eurasia ya no es nuestra'. Outro álbum de 10 dos Futuro Terror, recomendadísimos!!

FUTURO TERROR "Precipicio"
(B-Core Disc, 2017)



jueves, 18 de enero de 2018

Comet Gain "Fingerprint Ritual EP"

Nestes días estiven recuperando vellos discos que tiña esquecidos por caixóns, así que preparádevos para recomendacións máis raras nas próximas semanas. En medio había algo bastante recente, o último EP dos Comet Gain, do 2015. Unha das bandas que sigo con maís cariño, capaces de facer os mellores temas de pop como vibrantes pezas de garage e por veces punk. Un equilibrio perfecto que sempre saben combinar á perfección. Sen embargo, co seu último traballo "Fingerprint Ritual EP" non recibiron máis que paus por gran parte da critica, habitualmente incondicional dos seus traballos, e moitos dos seus fans. 

COMET GAIN "Fingerprint Ritual EP"
(Fortuna Pop!, 2015)


"Fingerprint Ritual" é un ep  que reúne catro temas inspirados na psychodelia e o garage sixtie e a new wave revivalista. Non é que non sexan habituais no seu repertorio, senón que non adoitan a facer lanzamentos nos que o pop non sexa o fío conductor. Os once minutos de 'Breaking Open The Head Part 2 (The Eye-Shaped Room)' son pura psychodelia alucinada, e que continúa o tema do álbum do ano anterior "Paperback Ghosts". Segue o garage psych de 'That Lucifer Summer' dominado polo fuzz, o farfisa, e os coros sixties, trátase do tema maís alegre do ep cos letras maís escuras que teñen escrito. 'To The City's Core', é puro post-punk, rollo The Fall máis desenfadado; e por último, 'The Obsolete Significant Dignified', o menos chamativo de todos no seu repertorio, de influencia da new wave, e letras que molestaron especialmente a algúns por consideralas un panfleto político de esquerda da vella escola. Moi finos os críticos de pop. Tan polémico entre os incondicionais que ata os clips e os audios dos temas están cancelados pola rede...
A min encantoume recuperar este ep que soa tan diferente en medio do repertorio dunha das bandas que máis me gusta. Ata o momento é o seu último lanzamento. Veremos por donde seguen en próximas entregas.


Black Rebel Motorcycle Club "Wrong Creatures"

Imos con recomendacións recén saídas.
Hai moitos anos que non lles prestamos ningunha atención aos Black Rebel Motorcycle Club, dende o seu grandioso álbum de debut no 2001, tiveron unha carreira demasiado irregular, por non decir outra cousa. Aportando sempre en cada entrega algún tema que funcionaba máis ou menos ben, pero sete discos despois sempre anuncian a volta ao son dos seus inicios, e iso nunca volverá a pasar. Aquelo de unha banda californiana facendo rock urbano setenteiro máis idenficado con NYC, showgaze británico, e psychodelia foi dos álbumes que maís disfrutamos naqueles anos. Dende entón nada. Enton, ¿a reseña por que? , porque a fin de semana pasada prometín publicala, e aquí vai.
"Wrong Creatures" é o seu oitavo álbum de estudio, e desta vez comeza realmente ben. 'Spook' e 'King of Bones' son dous temas realmente destacables que nos poden devolver aos BRMC do 2001, intensos, guitarreiros, con melodías fondas e pegadizas, e sobre todo coa duración xusta para non perdernos. Dende aquí todo cae. Segue 'Haunt', unha especie de balada tétrica que moitos comparan con Nick Cave, pero á que non lle vexo a chispa. E o resto un auténtico plomazo con oito temas seguidos de entre cinco e sete minutos, sen chispa, nin nervio, todos previsibles un tras doutro, con excepción cecais da progresión dos sete minutos 'Ninth Configuration' ou o comezo de 'Question of Faith'. Polo medio rompen a dinámica e o tempo con 'Little thing gone wild' (single de adianto do álbum), pero nin con esas. Alomenos salvamos dous bos temas que seguro que baileremos ata cansarnos. 
Das portadas desta xente xa mellor nin comentamos.

BLACK REBEL MOTORCYCLE CLUB "Wrong Creatures"
(Abstract Dragon, 2018)



miércoles, 17 de enero de 2018

LP dos Mega Purple Sex Toy Kit

Un dos noticións do que vai de ano. 
A semana pasada anunciouse a publicación do lp dos Mega Purple Sex Toy Kit, a mellor banda de psychodelia do país. "Good Vibrators" é o seu álbum que leva moitos anos agardando por sair. Moitos dos seus temas foron lanzados en maqueta xa no 2005, en recopilatorios, e máis recentemente nun 7'' compartido co Fogbound. Pero agora ao fin verá a luz en vinilo da man do selo Roctopus Tea Party Records. 
A saída está prevista para o mes de febreiro, e de momento compartiron seis dos doce temas do lp no seu bandcamp.
Ide reservando as vosas copias que isto voa...


martes, 16 de enero de 2018

Little Juice: 'Wands, cups, swords, disks'

Novidades dende Ulomanía Coop.
A súa próxima referencia será o EP dos LITTLE JUICE: "Drøwn"
Polo momento aquí tedes unha mostra da portada, e o tema de adianto 'Wands, cups, swords, disks' no seu bandcamp.
Cada semana lanzarán un novo tema. Atentos!.



'Fast' Eddie Clarke

Edward Allan Clarke
(1950 - 2018
"Fast" Eddie, Motörhead



Dolores O'Riordan

Dolores O'Riordan
(1971 - 2018)



lunes, 15 de enero de 2018

Singles2017: repásao todo


Coa sesión da fin de semana, rematamos con todo o material de Singles2017, que podedes consultar seguindo a etiqueta.
O repaso máis completo a todo o ano anterior no Rif-Rock: tódo-los posters do 2017, tóda-las sesións do ano que deixaron enlaces, os mellores momentos, os premiados, e moito máis: portadas, videoclips... E sobre todo as nosas listas cos mellores álbumes do ano, coas seleccións dos habituais da nosa cabina: Munstaphà, Michi Calambres, Kurco, e de Ptooff!. Tamén os nosos 5 do GZ Canibal, os do Black Grooves. E por último os dous volumes da sesión co mellor do ano. 
Repasádeo todo!!

Singles2017 [Kurco&Munstaphà]

Aquí tedes a nosa selección de Singles2017 da sesión do sábado, logo de toda a noite pelexando coas nosas listas, e todo seleccionado e mesturado conxuntamente por Kurco e Munstaphá. O resultado vai en dous volumes con case 50 temas. 
A ver que vos parecen...

KURCO & MUNSTAPHÁ "Singles2017"
(sesión Rif-Rock 13 xaneiro 2018)


viernes, 12 de enero de 2018

NUNES: mellor momento Rif-Rock 2017

Logo de case dúas semanas de votación, xa temos gañador do Mellor Momento do Rif-Rock 2017. 
O escollido foi o concerto de NUNES, o tributo a AIRAS que fixemos o sábado 4 de novembro, en sesión vermú. Cousa bonita!!
Ben merecido, noraboa!!


Se queredes repasar unha breve reseña do concerto atoparédela nesta entrada, e todo o material nesta etiqueta. Aquí tedes de novo o concerto completo:



jueves, 11 de enero de 2018

Os mellores álbumes do GZ Canibal 2017

E por último, e máis importante de todas as listas, os discos galegos.
Aquí tedes os nosos discos favoritos do GZ Canibal do 2017.
Debería ser unha lista de 5, pero este ano non pode ser, aínda que tampouco vos resultará ninguna sorpresa. 
Que non vos falté ningún!!

6_LAMPREA EXPLOSIVA
"Brulio"
(Pantera e Iribarne, 2017)
Non podían faltar os máis punks do país. Lamprea Explosiva recrean a mellor tradicion da vella escola. "Brulio" é o seu primeiro traballo en vinilo, letras comprometidas, e super divertidas. Chegan a meter ata oito cortes no single, incluído un intermedio antes do bonus, un álbum completo nun 7''. Quédome con 'Kronstadt', 'Pemento', 'Ollomol' e 'Mayeusis', pero teredes que escoitalo todo con atención, se te despistas xa te perdes a metade. 



5_TRAVESTI AFGANO 
"Nos Vale Madre"
(MamaVynila/LaCamelia/Pelgar e outros, 2017)
"Nos Vale Madre" é un discazo de post-punk garagero no que reventan tódo-lo parámetros do revival. Son 13 temas con letras que son un puto delirio, e nas que non deixan títere con cabeza. Vai oscilando entre o post punk de manual e o revival garagero, e a cara B cunha secuencia moito máis variada con continuos cambios de volocidade que son unha auténtica xenialidade. Non poderedes soltar temas coma 'Brillet', 'Bauhaus Tendencia Mundial', 'Salto en la línea sucesoria' ou 'Nuevo Mandela'. Ademáis inclúen covers dos Angry Samoans e os Country Teasers. Tremendas unha detrás de outra. 



4_ESPIÑO
"I"
(Fundación Autor, 2017)
O debut de Espiño, un mini álbum, con seis temas propios, en galego, nos que desprega a súa paixón polo beat e a psychodelia sixtie, con complexos arranxos de vento e corda que aportan ese toque barroco que moi poucos saben compaxinar coas melodías pop. Quedámonos coas melodías de 'Rebobina', 'Sen dúbida Florinda', a liserxia de 'Louro', e 'Ovni sobre o Val do Dubra' que se converteu nun dos hits do ano.




3_FOGBOUND 
"Fogbound"
(The John Colby Sect, 2017)
O universo 60s dos Fogbound é infinito, psychodelia densa, freakbeat e moita velocidade, con guitarras alucinadas, melodías impecables, e o hammond eterno de F. Vilaboy. O álbum de debut saiu en febreiro da man do selo The John Colby Sect, e tivo que ser reeditado moi rápido. Por recomendarvos algún dos seus nove temas, quédome con 'Eternal Promise', 'Edward Devine' e a traca final 'Imagine the End'. Con ganas de escoitar moito máis.




2_BIFANNAH 
"Maresía"
(The John Colby Sect, 2017)
O mellor lp do GZ Canibal é o debut dos Bifannah.
"Maresia" é un álbum moi ambicioso, na gravación, mesturas e masterización, o resultado son dez temas que retorcen ese moody garage, a psychodelia de baixa fidelidade, o tropicalismo de finais dos 60s e moitos elementos do pop máis coidado e luminoso. Por destacar algúns cortes, quédome coa enorme 'Pequeno Selvagem' de melodías impecables, e xogos de voces que son auténtico alucine, con eses toques de garage sofisticado, coma en 'Faz-Me Mal' ou 'Magic Mamba' que xa aparecía no seu single de presentación, o groove tropical de 'Kala-Mala', a divertida 'Ja ninguen gosta de você', ou o pop psychodélico máis intenso de 'Ervas'. Imposible aburrirse con esta xente. Un imprescindible do 2017.



1_DEAD WOOD + BREAKIN' BONES + KINGS OF THE BEACH 
(Ulomanía Coop., 2017)


Estaba claro que este ano non iamos ser neutrais no GZ Canibal. Non podiamos. Os tres lanzamentos de Ulomanía Coop foron os nosos favoritos do 2017. O "Spirit Away b/w CBA Blues" dos Dead Wood porque foi o primeiro, e a razón de ser de Ulomanía. O "Pura Maldad" dos Breakin' Bones porque poucas veces atoparedes catro xoias coma estas cun son tan espectacular. E o "SAFA" porque é o primeiro vinilo dos Kings of the Beach con catro trallazos dunha banda que ten todo o futuro por diante para comerse o mundo. 
Un ano espectacular en Ulomanía, máis que satisfeitos. 
Por certo, se vos falta algún, xa sabedes...





5 discos do Black Grooves 2017

Máis listas.
Aquí tedes os nosos cinco imprescindibles do Black Grooves do 2017:


5_DIAZPORA 
"Islands"
(Légére Recordings, 2017)
Big bad de Hamburgo cunha sección de metais de auténtica locura. "Islands" é o seu quinto álbum, un traballo moi ambicioso, 13 temas nun dobre LP, de funk explosivo, soul intenso e toques de rock, afrobeat e outras músicas do mundo. Pezas dignas dos mellores anos do blaxploitation e temas coma 'Yaroslava' e 'Beasts', unha  explosión de ritmo cunhas melodías que non poderás quitarte da cabeza en bastante tempo. 




4_DON BRYANT 
"Don't Give Up On Love"
(Fat Possum Records, 2017)
Máis música negra. 
A carreira de Don Bryant é tan longa coma intermitente, pero ao longo de máis de 50 anos foi  un compositor incansable de grandes éxitos para grandes cabeceiras do soul. Tras dun longo parón retomou a súa carreira nos últimos anos. "Don't Give Up on Love", é un álbum bestial que alterna pezas de altura entre o soul e o blues como 'A Nickel and a Nail', 'Something about You' ou 'I Got you Know'.



3_NICOLE WILLIS & UMO Jazz Orchestra 
"My Name Is Nicole Willis"
(Persephone / Herakles Records, 2017)
Novo álbum de Nicole Willis, que para este "My Name is Nicole Willis" se acompaña da banda finesa UMO Jazz Orchestra, unha big band con máis de vinte membros, ademáis do seu inseparable Jimi Tenor, e a colaboración de Ian Svenonius, que tamén aporta dous temas da súa autoría, e nos que tamén pon a voz principal, facendo a intro e o tema final. Un percorrido fantástico polo funk e o northern soul, salpicado de funk explosivo e divertidas evolucións do rhythm'n'blues.




2_SHARON JONES & THE DAP-KINGS
"Soul of a Woman"
(Daptone Records, 2017)
"Soul of a Woman" e o seu traballo póstumo de Sharon Jones, que sae no aniversario do seu pasamento. O álbum bascula entre o soul máis desgarrador e temas de auténtico baile, combinando á perfección as súas dúas vertentes habituais. Arranca a tope de enerxía coas optimistas 'Matter of Time' e 'Sail On!', e destaca o ritmo festeiro de 'Rumors' cuns xogos de percusións máis que interesantes. Seguen temas de máis intensidade, e de despedida 'Call on God', o único tema que se inclúe no álbum composto pola propia Sharon Jones, e que escribira para o seu coro eclesiástico de gospel no que permaneceu aínda despois da fama. Unha auténtica marabilla, e seguro que hai máis material gardado pendente de sair.



1_CURTIS HARDING 
"Face your Fear"
(Anti-, 2017)
Segundo traballo de Custis Harding que nos deixou alucinados, nesta ocasión producido polo propio Harding, Sam Cohen e Danger Mouse, que última-mente está ata na sopa. "Face your Fear" son once temas nos que se desprende daquel toque lo-fi que lle imprimía no seu debut. Agora todo xira entorno a evolucións do soul máis tradicional, centrado nas melodías, e altas doses de pop. De mostra 'Wednesday Morning Atonement', 'Face Your Fear', 'Till The End' e o auténtico pelotazo que é 'Need Your Love'.



miércoles, 10 de enero de 2018

Os 10 de Calambres do 2017

Seguimos coas listas do ano.
Aquí tedes os 10 de Michi Calambres do 2017:

1 THE LIMBOOS: "Limbootica!" (Penniman Records)
2 CURTIS HARDING: "Face your Fear" (Anti-)
3 THE CUBICAL: "Blood Moon" (Halfpenny Records)
4 BENJAMIN BOOKER: "Witness" (ATO Records)
5 BIFANNAH: "Maresia" (The John Colby Sect)
6 THE VOLCANICS: "Oh Crash" (Citadel)
7 THE MURLOCS: "Old locomotive" (Flightless Records)
8 JOHNNY CASINO: "Time and time again" (Folc Records / LaVilaNova Recordings)
9 THE MOLOCHS: "America's Velvet Glory" (Innovative Leisure)
10 THEE WYLDE OSCARS: "Rosalita!" (Off the Hip)



Os 10 de Ptooff do 2017

Máis listas dos nosos habituais.
Aqui tedes os 10 de Ptooff do 2017, sen orden:

· KING GIZZARD & THE LIZARD WIZARD "Flying Microtonal Banana" (Flightless)
· G.N.O.D. "Just Say No To The Psycho Right-Wing Capitalist Fascist Industrial Death Machine" (Rocket Recordings)
· DANIELLE LUPPI & PARQUET COURTS "Milano" (30th Century Recs/Columbia)
· MUJERES "Un sentimiento importante" (Sonido Muchacho)
· THE MADCAPS "Slow Down" (Bickerton Records/Howlin' Banana)
· BIFANNAH "Maresia" (The John Colby Sect)
· ELECTRIC WIZARD "Wizard Bloody Wizard" (Witchfinder/Spìnefarm Records)
· FOGBOUND "Fogbound" (The John Colby Sect)
· TY SEGALL "Ty Segall" (Drag City)
· THE LIMBOOS "Limbootica!" (Penniman Records)



Os 10 de Kurco do 2017

Outro que nos manda a súa lista.
Aquí tedes os 10 de Kurco do 2017:

1. THE BLACK ANGELS: "Death Song" (Partisan Records)
2. MOON DUO: "Occult Architecture Vol.1" (Sacred Bones Recs)
3. THURSTON MOORE: "RockNRoll Consciousness" (Caroline / Fiction)
4. OH SEES: "Orc" (Castle Face)
5. TY SEGALL: "Ty Segall" (Drag City)
6. DIAZPORA: "Islands" (Légère Recordings)
7. THE BLACK LIPS: "Satan’s Graffiti or God’s Art?" (Vice Records)
8. JASON LOEWENSTEIN: "Spooky Action" (Joyful Noise Recordings)
9. RYAN ADAMS: "Prisoner" (Pax Americana / Blue Note)
10. SLOWDIVE: "Slowdive" (Dead Oceans)



martes, 9 de enero de 2018

Os 10 discos do 2017 de Munstaphá

E imos xa cos discos.
Aquí tedes a lista de álbumes do 2017 según Munstaphá.
Seguro que vós tedes outros, así que comentade!!
Estes son os seus 10 do 2017:

10_THE BUTTERTONES 
"Gravedigging"
(Innovative Leisure, 2017)
Segundo álbum dos Buttertones, dende LA, que sen dúbida  foron unha das sensacións do ano. Mudan en cada entrega, agora a súa referencia principal son The Cramps, garage e psychobilly con múltiples infuencias de revival post punk dos 80s, a música surf máis terrorífica e o western. De mostra 'Sadie's a Sadist' ou a propia 'Gravedigging'. Unha mestura explosiva que funciona ás mil marabillas!!




9_THE BATS 
"The Deep Set"
(Flying Nun Records, 2017)
Os neozelandeses The Bats sempre foron unha das mellores bandas de pop do planeta, con máis de 30 anos de carreira impecable, aínda que é certo que non se prodigan moito. "The Deep Set" é o seu noveno álbum, con 12 novos temas que conforman outra entrega de melodías perfectas e cordas moi coidadas. 'Rooftops', 'Looking for sunshine' ou 'Not so Good' son de outro nivel, ou un pouco máis de nervio en 'Walking Man'. Precioso, coma sempre.




8_PRIESTS 
"Nothing Feels Natural"
(Sister Polygon Records, 2017)
Álbum de debut e pelotazo. Priests son un cuarteto de Washington DC, e "Nothing Feels Natural" un lp de 10 temas de punk, con moito pop, moito noise, moito lo-fi, algo de surf e moito ritmo por encima de todo. 'Appropriate' ou 'JJ' son dúas marabillas de post-punk que nos devolven á mellor época do xénero, saltando ao power pop, ó surf e á no-wave en poucos segundos. Fresco coma poucos neste ano, e con media hora que pasa voando. 




7_GUIDED BY VOICES 
"August by Cake"
(Guided by Voices Inc., 2017)
Os Guided by Voices celebraron os seus 30 anos publicando o álbum número 100 do incansable Robert Pollard!. "August by Cake" non podía ser un álbum máis. Trátase do primeiro álbum dobre da carreira do Pollard, 32 temas e máis de 70 minutos. Polo contido, o de sempre, xa sabedes, power pop intenso, temas a medio facer, lo-fi, melodías perfectas, e cando lle mete ben de guitarras roza a perfección. Ou os amas ou non podes con eles, pero desta vez parece que lle adicaron tempo para facer un auténtico discazo, dos máis rítimicos e guitarreiros da súa carreira. Por non tolear demasiado cos temas recoméndovos tres para comezar 'Absent the Man', 'Escape to Phoenix' e 'Sudden Fiction'. E o número 101 "How Do You Spell Heaven" saíu pouco despois, e non lle queda atrás. Tremendo este ano para os GbV.



6_THE MAGNETIC FIELDS 
"50 Song Memoir"
(Nonesuch, 2017)
O novo dos Magnetic Fields, e outra obra enorme que nos devolve ao formato do "69 Love Songs". Stephin Merritt cumpríu 50 anos noo 2015, e para celebralo decideuse a facer un álbum conceptual con un tema por cada un dos seus anos. E así vai relatando lembranzas da súa vida, dende experiencias no zoo, e das súas mascotas, de como se namorou de Judy Garland, ou de como aprendeu a toca-lo sintetizador. Son 50 temas entre dous e tres minutos nos que atopamos de todo, pop de cámara, pop brillante, cancións a medio facer, lo-fi, pezas acústicas, de piano, tonadas de cabaret, rock, post-punk, psychodelia e algo semellante ao disco. Outra enorme locura de Merritt.



5_VIBRAVOID
"Mushroom Mantras"
(Stoned Karma, 2017)
Os alemáns Vibravoid son a mellor banda de psychodelia do planeta nestes momentos, e 20 anos depois da súa formación seguen a mellorar a súa proposta. Este "Mushroom Mantras" e o mellor que sacaron dende entón. Arranca de súpeto con 'Om Gang Ganpataye Namah', 'Sarveshaam Svastir Bhavatu' as maís orientalizantes do álbum, 'The Legend of Doctor Robert' nos devolven por momentos a estructuras máis habituais da súa fórmula hipnótica, ou a enérxica 'Echoes of Time'. A cara B completa para a xigantesca 'The Orange Coat'. Sitares eléctricos e melotrones levan todo o protagonismo xunto as coidadas melodías. Un álbum de outra época. Impresionante.




4_THE MOLOCHS 
"America's Velvet Glory"
(Innovative Leisure)
The Molochs son folk-rock, a intensidade do pop psychodélico, o beat da british invasion e a diversión do garage, o mellor dos 60s e das bandas de revival das últimas décadas. "America's Velvet Glory" é o seu segundo álbum cunha enorme riqueza instrumental e unhas melodías que vos deixarán tolos de remate. De mostra a variedade entre 'Ten Thousand', 'No more Cryin', a tremenda 'New York' ou a perezosa 'I don't Love you'. Menudo discazo!!



3_THE LIMBOOS 
"Limbootica"
(Penniman Records, 2017)
Non é habitual que metamos un álbum local nestas listas, pero isto está a outro nivel. O novo dos Limboos superou con creces as espectativas. "Limbootica" é outra trituradora de rhythm'n'blues swing, boogaloo, calypso e un pouco máis de rock para conseguir esa mestura explosiva de baile. Abren coa enorme 'I don't buy it' que xa fora o adianto do álbum, o single 'I'm a fool', 'Been whole a lot of time' é outro pelotazo que segue a mesma liña de coros blues e case gospel, as instrumentais 'Crazy Rhumba' ou 'Rough Trip', ademáis de temas enfocados directamente a movelas cadeiras coma 'Calypso Drunk', 'Danzón#13', '(Uh Huh) No Business Next To Mine', e cara o final 'No troubles' en plan clasicazo de blues, e para rematar 'Lies' para deixarnos con gañas de máis ata a seguinte entrega.



2_CURTIS HARDING 
"Face your Fear"
(Anti-, 2017)
Segundo traballo de Custis Harding que nos deixou alucinados, nesta ocasión producido polo propio Harding, Sam Cohen e Danger Mouse, que última-mente está ata na sopa. "Face your Fear" son once temas nos que se desprende daquel toque lo-fi que lle imprimía no seu debut. Agora todo xira entorno a evolucións do soul máis tradicional, centrado nas melodías, e altas doses de pop. De mostra 'Wednesday Morning Atonement', 'Face Your Fear', 'Till The End' e o auténtico pelotazo que é 'Need Your Love'.




1_THE SURFING MAGAZINES 
"The Surfing Magazines"
(Moshi Moshi Music, 2017)
The Surfing Magazines tamén son unha nova banda, pero com membros de sobra coñecidos procedentes dos Wave Pictures e Slow Club. A primeira referencia xa vos sirve de pista, aínda que non é exactamente o mesmo. Neste proxecto amosan a súa vertente máis garagera e, por suposto, surf. Os temas oscilan entre os que semellan unha continuación do pop de baixa fidelidade dos Wave Pictures que tanto nos gusta, e pezas nas que tiran por sons máis primitivos, entre os que sempre nos levan a Link Wray ou Bo Diddley. 'Sawdust in my eyes', 'Pepping Dom', 'Summer', 'One of these days', 'Goose Feathed Bed', ou 'A Fran Escaped' para comprender a mestura de todo isto. Pero sobre todo o power pop  surfeiro de 'New Day' que lanzaron coma segundo single a comezos do verán. Un imprescincible deste ano.