Aquí tedes os nosos cinco imprescindibles do Black Grooves do 2017:
5_DIAZPORA
"Islands"
(Légére Recordings, 2017)
Big bad de Hamburgo cunha sección de metais de auténtica locura. "Islands" é o seu quinto álbum, un traballo moi ambicioso, 13 temas nun dobre LP, de funk explosivo, soul intenso e toques de rock, afrobeat e outras músicas do mundo. Pezas dignas dos mellores anos do blaxploitation e temas coma 'Yaroslava' e 'Beasts', unha explosión de ritmo cunhas melodías que non poderás quitarte da cabeza en bastante tempo.
4_DON BRYANT
"Don't Give Up On Love"
(Fat Possum Records, 2017)
Máis música negra.
A carreira de Don Bryant é tan longa coma intermitente, pero ao longo de máis de 50 anos foi un compositor incansable de grandes éxitos para grandes cabeceiras do soul. Tras dun longo parón retomou a súa carreira nos últimos anos. "Don't Give Up on Love", é un álbum bestial que alterna pezas de altura entre o soul e o blues como 'A Nickel and a Nail', 'Something about You' ou 'I Got you Know'.
3_NICOLE WILLIS & UMO Jazz Orchestra
"My Name Is Nicole Willis"
(Persephone / Herakles Records, 2017)
Novo álbum de Nicole Willis, que para este "My Name is Nicole Willis" se acompaña da banda finesa UMO Jazz Orchestra, unha big band con máis de vinte membros, ademáis do seu inseparable Jimi Tenor, e a colaboración de Ian Svenonius, que tamén aporta dous temas da súa autoría, e nos que tamén pon a voz principal, facendo a intro e o tema final. Un percorrido fantástico polo funk e o northern soul, salpicado de funk explosivo e divertidas evolucións do rhythm'n'blues.
2_SHARON JONES & THE DAP-KINGS
"Soul of a Woman"
(Daptone Records, 2017)
"Soul of a Woman" e o seu traballo póstumo de Sharon Jones, que sae no aniversario do seu pasamento. O álbum bascula entre o soul máis desgarrador e temas de auténtico baile, combinando á perfección as súas dúas vertentes habituais. Arranca a tope de enerxía coas optimistas 'Matter of Time' e 'Sail On!', e destaca o ritmo festeiro de 'Rumors' cuns xogos de percusións máis que interesantes. Seguen temas de máis intensidade, e de despedida 'Call on God', o único tema que se inclúe no álbum composto pola propia Sharon Jones, e que escribira para o seu coro eclesiástico de gospel no que permaneceu aínda despois da fama. Unha auténtica marabilla, e seguro que hai máis material gardado pendente de sair.

1_CURTIS HARDING
"Face your Fear"
(Anti-, 2017)
Segundo traballo de Custis Harding que nos deixou alucinados, nesta ocasión producido polo propio Harding, Sam Cohen e Danger Mouse, que última-mente está ata na sopa. "Face your Fear" son once temas nos que se desprende daquel toque lo-fi que lle imprimía no seu debut. Agora todo xira entorno a evolucións do soul máis tradicional, centrado nas melodías, e altas doses de pop. De mostra 'Wednesday Morning Atonement', 'Face Your Fear', 'Till The End' e o auténtico pelotazo que é 'Need Your Love'.
No hay comentarios:
Publicar un comentario