jueves, 18 de enero de 2018

Comet Gain "Fingerprint Ritual EP"

Nestes días estiven recuperando vellos discos que tiña esquecidos por caixóns, así que preparádevos para recomendacións máis raras nas próximas semanas. En medio había algo bastante recente, o último EP dos Comet Gain, do 2015. Unha das bandas que sigo con maís cariño, capaces de facer os mellores temas de pop como vibrantes pezas de garage e por veces punk. Un equilibrio perfecto que sempre saben combinar á perfección. Sen embargo, co seu último traballo "Fingerprint Ritual EP" non recibiron máis que paus por gran parte da critica, habitualmente incondicional dos seus traballos, e moitos dos seus fans. 

COMET GAIN "Fingerprint Ritual EP"
(Fortuna Pop!, 2015)


"Fingerprint Ritual" é un ep  que reúne catro temas inspirados na psychodelia e o garage sixtie e a new wave revivalista. Non é que non sexan habituais no seu repertorio, senón que non adoitan a facer lanzamentos nos que o pop non sexa o fío conductor. Os once minutos de 'Breaking Open The Head Part 2 (The Eye-Shaped Room)' son pura psychodelia alucinada, e que continúa o tema do álbum do ano anterior "Paperback Ghosts". Segue o garage psych de 'That Lucifer Summer' dominado polo fuzz, o farfisa, e os coros sixties, trátase do tema maís alegre do ep cos letras maís escuras que teñen escrito. 'To The City's Core', é puro post-punk, rollo The Fall máis desenfadado; e por último, 'The Obsolete Significant Dignified', o menos chamativo de todos no seu repertorio, de influencia da new wave, e letras que molestaron especialmente a algúns por consideralas un panfleto político de esquerda da vella escola. Moi finos os críticos de pop. Tan polémico entre os incondicionais que ata os clips e os audios dos temas están cancelados pola rede...
A min encantoume recuperar este ep que soa tan diferente en medio do repertorio dunha das bandas que máis me gusta. Ata o momento é o seu último lanzamento. Veremos por donde seguen en próximas entregas.


No hay comentarios: