martes, 9 de enero de 2018

Os 10 discos do 2017 de Munstaphá

E imos xa cos discos.
Aquí tedes a lista de álbumes do 2017 según Munstaphá.
Seguro que vós tedes outros, así que comentade!!
Estes son os seus 10 do 2017:

10_THE BUTTERTONES 
"Gravedigging"
(Innovative Leisure, 2017)
Segundo álbum dos Buttertones, dende LA, que sen dúbida  foron unha das sensacións do ano. Mudan en cada entrega, agora a súa referencia principal son The Cramps, garage e psychobilly con múltiples infuencias de revival post punk dos 80s, a música surf máis terrorífica e o western. De mostra 'Sadie's a Sadist' ou a propia 'Gravedigging'. Unha mestura explosiva que funciona ás mil marabillas!!




9_THE BATS 
"The Deep Set"
(Flying Nun Records, 2017)
Os neozelandeses The Bats sempre foron unha das mellores bandas de pop do planeta, con máis de 30 anos de carreira impecable, aínda que é certo que non se prodigan moito. "The Deep Set" é o seu noveno álbum, con 12 novos temas que conforman outra entrega de melodías perfectas e cordas moi coidadas. 'Rooftops', 'Looking for sunshine' ou 'Not so Good' son de outro nivel, ou un pouco máis de nervio en 'Walking Man'. Precioso, coma sempre.




8_PRIESTS 
"Nothing Feels Natural"
(Sister Polygon Records, 2017)
Álbum de debut e pelotazo. Priests son un cuarteto de Washington DC, e "Nothing Feels Natural" un lp de 10 temas de punk, con moito pop, moito noise, moito lo-fi, algo de surf e moito ritmo por encima de todo. 'Appropriate' ou 'JJ' son dúas marabillas de post-punk que nos devolven á mellor época do xénero, saltando ao power pop, ó surf e á no-wave en poucos segundos. Fresco coma poucos neste ano, e con media hora que pasa voando. 




7_GUIDED BY VOICES 
"August by Cake"
(Guided by Voices Inc., 2017)
Os Guided by Voices celebraron os seus 30 anos publicando o álbum número 100 do incansable Robert Pollard!. "August by Cake" non podía ser un álbum máis. Trátase do primeiro álbum dobre da carreira do Pollard, 32 temas e máis de 70 minutos. Polo contido, o de sempre, xa sabedes, power pop intenso, temas a medio facer, lo-fi, melodías perfectas, e cando lle mete ben de guitarras roza a perfección. Ou os amas ou non podes con eles, pero desta vez parece que lle adicaron tempo para facer un auténtico discazo, dos máis rítimicos e guitarreiros da súa carreira. Por non tolear demasiado cos temas recoméndovos tres para comezar 'Absent the Man', 'Escape to Phoenix' e 'Sudden Fiction'. E o número 101 "How Do You Spell Heaven" saíu pouco despois, e non lle queda atrás. Tremendo este ano para os GbV.



6_THE MAGNETIC FIELDS 
"50 Song Memoir"
(Nonesuch, 2017)
O novo dos Magnetic Fields, e outra obra enorme que nos devolve ao formato do "69 Love Songs". Stephin Merritt cumpríu 50 anos noo 2015, e para celebralo decideuse a facer un álbum conceptual con un tema por cada un dos seus anos. E así vai relatando lembranzas da súa vida, dende experiencias no zoo, e das súas mascotas, de como se namorou de Judy Garland, ou de como aprendeu a toca-lo sintetizador. Son 50 temas entre dous e tres minutos nos que atopamos de todo, pop de cámara, pop brillante, cancións a medio facer, lo-fi, pezas acústicas, de piano, tonadas de cabaret, rock, post-punk, psychodelia e algo semellante ao disco. Outra enorme locura de Merritt.



5_VIBRAVOID
"Mushroom Mantras"
(Stoned Karma, 2017)
Os alemáns Vibravoid son a mellor banda de psychodelia do planeta nestes momentos, e 20 anos depois da súa formación seguen a mellorar a súa proposta. Este "Mushroom Mantras" e o mellor que sacaron dende entón. Arranca de súpeto con 'Om Gang Ganpataye Namah', 'Sarveshaam Svastir Bhavatu' as maís orientalizantes do álbum, 'The Legend of Doctor Robert' nos devolven por momentos a estructuras máis habituais da súa fórmula hipnótica, ou a enérxica 'Echoes of Time'. A cara B completa para a xigantesca 'The Orange Coat'. Sitares eléctricos e melotrones levan todo o protagonismo xunto as coidadas melodías. Un álbum de outra época. Impresionante.




4_THE MOLOCHS 
"America's Velvet Glory"
(Innovative Leisure)
The Molochs son folk-rock, a intensidade do pop psychodélico, o beat da british invasion e a diversión do garage, o mellor dos 60s e das bandas de revival das últimas décadas. "America's Velvet Glory" é o seu segundo álbum cunha enorme riqueza instrumental e unhas melodías que vos deixarán tolos de remate. De mostra a variedade entre 'Ten Thousand', 'No more Cryin', a tremenda 'New York' ou a perezosa 'I don't Love you'. Menudo discazo!!



3_THE LIMBOOS 
"Limbootica"
(Penniman Records, 2017)
Non é habitual que metamos un álbum local nestas listas, pero isto está a outro nivel. O novo dos Limboos superou con creces as espectativas. "Limbootica" é outra trituradora de rhythm'n'blues swing, boogaloo, calypso e un pouco máis de rock para conseguir esa mestura explosiva de baile. Abren coa enorme 'I don't buy it' que xa fora o adianto do álbum, o single 'I'm a fool', 'Been whole a lot of time' é outro pelotazo que segue a mesma liña de coros blues e case gospel, as instrumentais 'Crazy Rhumba' ou 'Rough Trip', ademáis de temas enfocados directamente a movelas cadeiras coma 'Calypso Drunk', 'Danzón#13', '(Uh Huh) No Business Next To Mine', e cara o final 'No troubles' en plan clasicazo de blues, e para rematar 'Lies' para deixarnos con gañas de máis ata a seguinte entrega.



2_CURTIS HARDING 
"Face your Fear"
(Anti-, 2017)
Segundo traballo de Custis Harding que nos deixou alucinados, nesta ocasión producido polo propio Harding, Sam Cohen e Danger Mouse, que última-mente está ata na sopa. "Face your Fear" son once temas nos que se desprende daquel toque lo-fi que lle imprimía no seu debut. Agora todo xira entorno a evolucións do soul máis tradicional, centrado nas melodías, e altas doses de pop. De mostra 'Wednesday Morning Atonement', 'Face Your Fear', 'Till The End' e o auténtico pelotazo que é 'Need Your Love'.




1_THE SURFING MAGAZINES 
"The Surfing Magazines"
(Moshi Moshi Music, 2017)
The Surfing Magazines tamén son unha nova banda, pero com membros de sobra coñecidos procedentes dos Wave Pictures e Slow Club. A primeira referencia xa vos sirve de pista, aínda que non é exactamente o mesmo. Neste proxecto amosan a súa vertente máis garagera e, por suposto, surf. Os temas oscilan entre os que semellan unha continuación do pop de baixa fidelidade dos Wave Pictures que tanto nos gusta, e pezas nas que tiran por sons máis primitivos, entre os que sempre nos levan a Link Wray ou Bo Diddley. 'Sawdust in my eyes', 'Pepping Dom', 'Summer', 'One of these days', 'Goose Feathed Bed', ou 'A Fran Escaped' para comprender a mestura de todo isto. Pero sobre todo o power pop  surfeiro de 'New Day' que lanzaron coma segundo single a comezos do verán. Un imprescincible deste ano.




No hay comentarios: