Unha das bandas máis potentes de hardcore do país son os pontevedreses Cuchillo de Fuego. O seu álbum do 2017 non entrou entre os mellores da revisión do ano pasado polos pelos, pero agora caímos na conta de que aínda non vo-los recomendaramos neste blog. Así que, ahí vai.
"Megavedra" é o seu segundo lp, lanzado por Humo, en setembro pasado. Hardcore potente e rítmico, punk acelerado e intenso con algunha letra inesquecible. Sobre todo non quedaredes enganchado ao clip de 'Nocturno'. Recomendados!.
Cuchillo de Fuego "Megavedra"
(Humo, 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario