E por último, e máis importante de todas as listas, os discos galegos.
Aquí tedes os nosos discos favoritos do GZ Canibal do 2017.
Debería ser unha lista de 5, pero este ano non pode ser, aínda que tampouco vos resultará ninguna sorpresa.
Que non vos falté ningún!!
6_LAMPREA EXPLOSIVA
"Brulio"
(Pantera e Iribarne, 2017)
Non podían faltar os máis punks do país. Lamprea Explosiva recrean a mellor tradicion da vella escola. "Brulio" é o seu primeiro traballo en vinilo, letras comprometidas, e super divertidas. Chegan a meter ata oito cortes no single, incluído un intermedio antes do bonus, un álbum completo nun 7''. Quédome con 'Kronstadt', 'Pemento', 'Ollomol' e 'Mayeusis', pero teredes que escoitalo todo con atención, se te despistas xa te perdes a metade.

"Nos Vale Madre"
(MamaVynila/LaCamelia/Pelgar e outros, 2017)
"Nos Vale Madre" é un discazo de post-punk garagero no que reventan tódo-lo parámetros do revival. Son 13 temas con letras que son un puto delirio, e nas que non deixan títere con cabeza. Vai oscilando entre o post punk de manual e o revival garagero, e a cara B cunha secuencia moito máis variada con continuos cambios de volocidade que son unha auténtica xenialidade. Non poderedes soltar temas coma 'Brillet', 'Bauhaus Tendencia Mundial', 'Salto en la línea sucesoria' ou 'Nuevo Mandela'. Ademáis inclúen covers dos Angry Samoans e os Country Teasers. Tremendas unha detrás de outra.
4_ESPIÑO
"I"
(Fundación Autor, 2017)
O debut de Espiño, un mini álbum, con seis temas propios, en galego, nos que desprega a súa paixón polo beat e a psychodelia sixtie, con complexos arranxos de vento e corda que aportan ese toque barroco que moi poucos saben compaxinar coas melodías pop. Quedámonos coas melodías de 'Rebobina', 'Sen dúbida Florinda', a liserxia de 'Louro', e 'Ovni sobre o Val do Dubra' que se converteu nun dos hits do ano.

3_FOGBOUND
"Fogbound"
"Fogbound"
(The John Colby Sect, 2017)
O universo 60s dos Fogbound é infinito, psychodelia densa, freakbeat e moita velocidade, con guitarras alucinadas, melodías impecables, e o hammond eterno de F. Vilaboy. O álbum de debut saiu en febreiro da man do selo The John Colby Sect, e tivo que ser reeditado moi rápido. Por recomendarvos algún dos seus nove temas, quédome con 'Eternal Promise', 'Edward Devine' e a traca final 'Imagine the End'. Con ganas de escoitar moito máis.

2_BIFANNAH
"Maresía"
(The John Colby Sect, 2017)
O mellor lp do GZ Canibal é o debut dos Bifannah.
"Maresia" é un álbum moi ambicioso, na gravación, mesturas e masterización, o resultado son dez temas que retorcen ese moody garage, a psychodelia de baixa fidelidade, o tropicalismo de finais dos 60s e moitos elementos do pop máis coidado e luminoso. Por destacar algúns cortes, quédome coa enorme 'Pequeno Selvagem' de melodías impecables, e xogos de voces que son auténtico alucine, con eses toques de garage sofisticado, coma en 'Faz-Me Mal' ou 'Magic Mamba' que xa aparecía no seu single de presentación, o groove tropical de 'Kala-Mala', a divertida 'Ja ninguen gosta de você', ou o pop psychodélico máis intenso de 'Ervas'. Imposible aburrirse con esta xente. Un imprescindible do 2017.
(Ulomanía Coop., 2017)
Estaba claro que este ano non iamos ser neutrais no GZ Canibal. Non podiamos. Os tres lanzamentos de Ulomanía Coop foron os nosos favoritos do 2017. O "Spirit Away b/w CBA Blues" dos Dead Wood porque foi o primeiro, e a razón de ser de Ulomanía. O "Pura Maldad" dos Breakin' Bones porque poucas veces atoparedes catro xoias coma estas cun son tan espectacular. E o "SAFA" porque é o primeiro vinilo dos Kings of the Beach con catro trallazos dunha banda que ten todo o futuro por diante para comerse o mundo.
Un ano espectacular en Ulomanía, máis que satisfeitos.
Por certo, se vos falta algún, xa sabedes...
Un ano espectacular en Ulomanía, máis que satisfeitos.
Por certo, se vos falta algún, xa sabedes...
No hay comentarios:
Publicar un comentario