Os Half Japanese levan xa máis de 40 anos lanzando discos se pausa, e só tras un pequeno parón a comezos de século, agora están a vivir unha segunda xuventude aínda máis fructífera que a dos seus inicios. ADemáis semella que o inxenio de Jad Fair e o seu irmán segue intacto. Este "Why Not?" é outra mostra do seu estilo directo e naïf, pero que a pesar da súa apariencia sinxela, os seus temas sempre esconden moitas capas de son, e sobre todo moitas referencias a outras cousas. Arranca cos ritmo atropelados de 'The Future is Ours', e a intensa 'The Face' con ese son marca da casa, pero tamén podedes atopar o pop case infantil de 'Amazing', ou o punk old school de 'Demons of Doom' e o rockabilly macabro de 'Zombie Island Massacre'. Ademáis as instrumental 'Word to the Wise', e a experimental 'Spaceship to Mars' coma se foran a propia orquestra de Sun Ra. E as pezas 'Why Not?' e 'Why'd they do it?' que se complementan nos extremos do álbum. Outra xoia sen complexos dos Half Japanese, e ahí seguen case eternos sen que ninguén lles faga moito caso. Xa dispoñible en reservas, sae a próxima semana.
HALF JAPANESE "Why Not?"
(Fire Records, 2018)
No hay comentarios:
Publicar un comentario