martes, 9 de enero de 2018

Mellor portada do 2017

Outra das cousas nas que sempre poñemos moito empeño ó longo do ano é o seleccionar as portadas que máis nos gustan. 
A mellor deste ano nos parece o deseño do "Drunk" de Thundercat, o alter ego de Stephen Bruner, para un álbum de fusión entre jazz, funk e soul experimental, editado por Brainfeeder Records. 
O deseño do álbum corre a cargo de Adam Stover. Todo xira entorno ao poder dunha sinxela fotografía, que é obra de Eddie Alcazar, nunha sesión conxunta entre Thundercat e Fllying Lotus. Unha composición de inspiración setenteira simple, combinando a tipografía cooper black para os títulos e frankling gothic para os créditos e a contraportada. 
Tamén conta con deseños do humorista Zack Fox na edición en vinilo, que se presenta nunha caixa con 4x10", con fundas separadas interiores e exteriores para cada disco. Unha uténtica barbaridade!!


No hay comentarios: