Volvemos cos Futuro Terror, unha das bandas estatais máis interesantes dos últimos anos. O terceiro álbum dos alicantinos saíu a finais do ano pasado e aínda nos fixemos agora con el. "Precipicio" é outra entrega do seu característico son, post-punk afiado e de rítmica contundente, hardcore, e melodías inconfundibles, e unhas letras que son do mellor que escoitaredes nestes tempos, ou como din na web de B-Core "letras con querencia por el misterio, lo desconocido o lo sobrenatural, con un par de incursiones en la imaginería soviética", brillantes!!
Arranca coa enérxica 'Precipicio', segue 'Se encerró', que xunto con 'Aburrimiento' son os dous cortes máis old school do álbum. Quedaredes impresionados coa tráxica e misteriosa historia de 'El paso Dyatlov' como single de presentación, e o temazo 'Urgentes'. Ofrécennos algo de pausa con 'Aelita' sobre o filme soviético, e volven a toda velocidade con 'Insectos devorando', para rematar a divertida 'Eurasia ya no es nuestra'. Outro álbum de 10 dos Futuro Terror, recomendadísimos!!
FUTURO TERROR "Precipicio"
(B-Core Disc, 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario