jueves, 4 de enero de 2018

Mellores momentos Rif-Rock 2017

Seguimos co resumo do 2017.
Sempre aproveitamos o de facer un pequeno repaso polos concertos e outras festas especiais do ano, para que tamén vós digades cal, ou cales, foron os mellores momentos de cada ano no Rif-Rock. 
Non foron tantos concertos coma o ano anterior (é imposible repetir iso), pero pensamos que tamén estará difícil a cousa. De algúns non temos moito material gráfico, ou aínda están pendentes de subir completos, pero con estas 9 propostas que deixamos aquí xa tedes bastante para escoller, pero poden ser outras, calqueira sesión, festa de Fin de Ano, o que queirades!.
Podedes votar nos comentarios desta entrada, ou através do facebook, por mail... ao voso gusto. Tedes sobre uns 10 días para facelo.
Ahí van unhas cantas propostas:

BREAKIN' BONES (18 de marzo 2017)
Estes non podían faltar. E o fixeron por partido dobre, pero en condicións moi diferentes. En marzo foron os protagonistas do primeiro concerto do ano no Rif-Rock e ademáis presentaban o novo lanzamento de Ulomanía Coop, "Pura Maldad" (Ulo-002), un vinilo de 7'' con catro trallazos marca da casa. Un show fantástico que nos ofreceron aquela noite. Lamentablemente foi dos últimos con esa formación.




OÚ SONT LES FEMMES? (programación especial marzo).
Non sei se algunha das sesións de marzo foi para vós das mellores do ano, pero seguro que a programación conxunta Où sont Les Femmes? foi outra vez do mellor do ano para moitos de vós, con cinco das nosas mellores amigas facéndose cargo da cabina ó longo de todo o mes, con cambios de última hora, e sesión sorpresa no última día.



DEAD WOOD (15 abril 2017)
O sábado de Semana Santa foi o turno dos Dead Wood coa formación completa, zanfoña incluída. Volvían ao Rif-Rock coa súa xira "Spirit Away Tour", que precisamente comezará na Noiteboa anterior (mellor momento do Rif-Rock 2016 por unanimidade), e ademáis xa nos presentaron novos temas. 
Moi pronto os teremos de volta.




LOS KING KONGS (18º Aniversario Rif-Rock, 8 xullo 2017)
O sábado 8 de xullo foi o prato forte do noso 18º Aniversario, co directo de Los King Kongs, banda para a ocasión que montaron entre Los Wavy Gravies, e o contrabaixo de Koko (Breakin' Bones e Pegas Negras). Dende aquel show xa quedaron todos integrados en Los Wavy Gravies. Concerto de moito nivel, cheo de clasicazos do rock'n'roll maís primitivo, sons de serie b, moito surf, garage e co revival de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, por suposto rematando con Michi Calambres no escenario para o tema de despedida. Animalada!!




9ª Festa do Bigote (6 agosto 2017)
Como cada ano, unha das festas máis grandes que se monta no Rif-Rock. Nesta ocasión con Sanni Cerviá de mestra de cerimonias e con Edu Charlín de PC Barbería facendo de padriño unha vez máis, e cos seus tremendos agasallos para os premiados. Nesta 9ª edición os gañadores foron Denis Pintos, Olalla Novas e Vitor Dominguez. Noraboa outra vez. O próximo ano máis.



TIM HOLEHOUSE (14 outubro 2017)
En outubro por fin tivemos a Tim Holehouse no Rif-Rock. Levábamos tempo con gañas de traelo, e ao fin apareceu a oportunidade de repetir cos de Ulomanía Coop. Gracias a Bosco dos Family Folks e ao Sheriff Lorre por facelo posible.
Concerto intenso e divertido como poucos que teñamos feito no local. Tim ofreceunos hora e vinte cos seus temas en acústico, adiantounos algún do seu próximo álbum, e ofreceunos unha chea historias super tolas con anécdotas das súas xiras polo mundo adiante. Por suposto, para rematar o seu hit 'Long Road to Nowhere'. Un tipo xenial, esperamos telo de volta na súa próxima visita. 



NUNES, un tributo aos AIRAS (4 novembro 2017)
Das cousas máis bonitas que tivemos xamáis, a homenaxe aos Airas. Era un segredo a voces, pero entre todos conseguimos que para os protagonistas fose unha sorpresa ata o final. Foi un enorme currazo de David Falcón, Quique Barreiro, Rubén Arenaz, Noa Castro, Matías Leiro, Cruz Alfonso, Bruno Canario, Xacobe Abal, Alberto Rial e Guadi Galego, sodes moi grandes!!, un concerto fantástico co que nos fixéchedes revivir momentos moi especiais, sobre todo a sorpresa que se levaron Kevi, Carlos, Sito e demáis membros da familia Airas.




BREAKIN' BONES (23 decembro 2017)
Polo Nadal volvían os Breakin' Bones. O seu concerto de retorno, con novas ganas, novos temas e nova formación. Presentaban Jorge Arenaz como novo contrabaixista, que lles aporta un son moi distinto o anterior. Foi o primeiro show que montamos da nosa programación especial de Nadal.




DRAMA QUEENS (30 decembro 2017)
Segundo concerto da programación de Nadal, e nova reinvención da big bang da casa. Nesta ocasión escolleron temas dos seus filmes favoritos, e despois do show, mini concerto sorpresa de Airas con Carlos Abal e Kevi Aragunde aos mandos. Unha noite tremenda!.





No hay comentarios: