Máis edicións que nos chegan dende Catro Ventos editora.
Se a comezos de ano nos presentaban as novidades entre as que se atopaba a reedición do volume infantil "Así é a ditadura" orixinal do Equipo Plantel de finais dos 70s, agora é o turno doutra reedición dos mesmos autores.
Trátase de "As mulleres e os Homes", lanzado orixinalmente en 1978, e que 40 anos despois semella, unha vez máis, plenamente vixente.
Dende a editora o presentan así:
Cando valoramos traducir As mulleres e os homes, escrito hai corenta anos, pensabamos que se cadra estaría desfasado porque disque neste tema a sociedade foi avanzando. En efecto, desde 1978 até 2018 producíronse moitos cambios, e, por sorte, case sempre para mellor. (Os lectores de máis idade han poder comprobar agora eses cambios ao leren este libro.)Así e todo, as mulleres non só non desfrutan de moitos privilexios que semellan reservados para os homes, senón que seguen a sofrer en todo o mundo grandes discriminacións.
Atoparedes a reseña, toda a info e mostras en pdf no seu catálogo online.
E dende a semana pasada, tamén dispoñibles no noso local.
No hay comentarios:
Publicar un comentario