lunes, 30 de abril de 2018

Kamasi Washington "Harmony Of Difference"

30 de abril, día internacional do jazz. Este ano en vez de recomendarvos un clasicazo, imos con algo do último que chegou as nosas máns.
Kamasi Washington pasa por ser nestes momentos a gran figura do jazz contemporáneo. Comezou autoeditando os seus propios traballos dende moi novo, con tres lanzamentos entre o 2005 e o 2008 cos que se gañou o recoñecemento como saxofonista e compositor. O éxito tería que agardar moito tempo, ata o 2015 cando lanzou o xigantesco "The Eipc" (Brainfeeder, 2015), un disco triple que é demoledor, se non o ceñecedes, xa vos digo que é de escoita obrigatoria, facédevos con el como sexa (a edicion en vinilo é unha auténtica barbaridade).
No 2017 volveu moito máis relaxado, con este "Harmony Of Difference", un traballo moito menos ambicioso, un mini álbum de pouco máis de 30 minutos pero que xa lles gustaría a moitos. Son seis pezas, cinco de duración breve, todo enlazado de corrido coma unha suite, e maís centrado no bebop e no west coast jazz que nas alucinacións de The Epic. Comeza pausado con 'Desire', e estoupa coa velocidade intensa de 'Humility'. Tamén atoparedes os ritmos latinos de 'Integrity', ou 'Knowledge' que remite directamente a Coltrane. Todo remata desembocando en 'Truth', a peza final de 13 minutos que condensa todo o anterior no musical, e engade coros soul para darlle o toque solemne.
Se non o coñecedes poñedevos con el, e este traballo é unha boa vía de entrada para que logo vos atrevades con "The Epic".

KAMASI WASHINGTON "Harmony Of Difference"
(Young Turks / XL Recs, 2017)



No hay comentarios: