jueves, 19 de abril de 2018

Guana Batz "Back to the Jungle"

Imos con un pouco de psychobilly, que a estas alturas do blog nunca vos temos recomendado nada dos míticos Guana Batz.
Foron xunto cos Meteors os mellores expoñente do psychobilly británico, e logo de case 20 anos de parón, o ano pasado retomaron a actividade lanzando o single "Burning Up" como adianto deste lp.
"Back to the Jungle" é todo unha declaración de intencións, coma se o retomaran exactamente onde o deixaron. Este novo traballo ten 8 novos temas, ademáis dos catro do ep do ano pasado. Arrancan ben rítmicos, cos poderosos ritmos tribais 'You're so Fine', e non poderedes deixar o pes parados con 'End of the Real World'. Por suposto, hai pezas de psychobilly de manual marca da casa coma 'Martian Princess', 'Tyburn Tree' ou a frenética 'Tank Slapper'. Polo medio 'Heartbeat' o auténtico pelotazo do álbum que xa trascende o propio xénero. Para rematar, unha versión en directo do 'Jungle Rumble', que aparecía xa no seu primeiro 7'' de 1983.
Un pracer telos de volta.

GUANA BATZ "Back to the Jungle"
(Tomstone Records, 2018)







No hay comentarios: