jueves, 26 de abril de 2018

Reverend Beat Man & The New Wave "Blues Trash"

Un álbum máis que vos recomendamos esta semana.
O novo do noso one-man-band favorito. O Reverend Beat-Man está de volta moitos anos despois, aínda que sempre se manten activo con outros proxectos. o mellor de todos Lightning Beat-Man, o seu alter-ego enmascarado, pero tamén co retorno dos míticos The Monsters. 
Xa pasaron más de dez anos dos seus fundamentais "Surreal Folk Blues Gospel Trash" (dous volumes do 2007), os últimos lanzados en solitario ao marxe de edicións de spoken word, e agora está de volta coa mesma fórmula de sempre. Faise acompañar por The New Wave, que lonxe de unha banda reúne as colaboracións da habitual Sister Nicole (Nicole Izobel Garcia), o acordeonista Mario Batkovic, a batería extra de Julian Sartorius e o polifacético Resli Burri. 
"Blues Trash" son doce novos temas, que comenzan ben contundentes, con 'I have enough' e 'I'm not gonna tell you', para seguir por vías máis pausadas, 
entre polkas e blues surrealista con influencias de moitas partes do mundo. 'But I love you' coas letras en castelán en voz de Sister Nicole, ou a explosión balcánica de 'I'll do it fou you', ou o blues máis clásico de 'Today is a beautiful day', ou a hipnótica 'Looking right through'.
Pasan os anos, e segue sendo único!.

REVEREND BEAT-MAN & The New Wave "Blues Trash"
(Voodoo Rhythm, 2018)



No hay comentarios: