Unha das novidades que máis nos esta gustando nestas últimas semanas é o debut dos británicos Green Seagull, que con só un par de singles xa comezaron a dar moito que falar entre a escena de revival 60s.
Un single no 2017 ("Scarlett b/w They just don't know") serviu para poñelos en boca de toda a crítica, e a finais de ano lanzaban "(I Used to Dream In) Black and White b/w Not Like You And Me" como adianto deste álbum.
A súa proposta baséase no folk psychodélico, achegándose ao freakbeat, coas mellores referencias do mellor do sixtie británico no retrovisor.
Unha colección de temas coidados e moi elaborados, no que as boas melodías teñen todo o protagonismo. Por recomendarvos algún corte, a marabillosa '(I Used to Dream In) Black and White', que os conecta cos traballos de folk máis alucinado dos Kaleidoscope, ou o toque beat de 'What happened to the girls?' e 'Shrubbery Road'. Pero sobre todo me quedo cos temas máis ácidos, como 'Unseen Eyes' e a esencia freakbeat en 'They lust don't know' ou 'Scraggly Old Tramp'.
Un dos discazos do que vai de ano.
Un dos discazos do que vai de ano.
GREEN SEAGULL "Scarlet Fever"
(Mega Dodo Records, 2018)
No hay comentarios:
Publicar un comentario