Levamos unha boa tempada metidos no universo do australiano Kim Salmon, así que non vos estrane que nas seguintes semanas caigan álbumes dos seus múltiples proxectos por aquí.
Hoxe recomendamos este "True West" do 2014, asinado como Kim and Leanne. Son Kim Salmon e Leanne Cowie, tamén ex-Scientists, guitarra e batería a pau seco para desenrolar de xeito aínda máis crú os sons minimalistas dos Scientists ou dos primeiros traballos cos Surrealists.
En "True West" atopamos distorsión e densidade, como en 'The Science Test', con aires máis garageros de 'Carry-on Baggage' e 'So Naive', ou pezas de punk-rock máis clásico coma 'Ow! Baby Baby' e 'Just a tick'. Pero o que domina o álbum son as melodías extranas e estructuras menos habituais, ás que sempre se refire como rock cubista, cheas de creatividade e a busca de novas posibilidades, coma en 'Freudian Slippers', 'Rude Embryos', 'Hard to get' ou 'Get a Hold of your World', cambios de ritmo, pausas, e melodías moi tolas.
Foi unha proposta efímera, pero o resultado é un dos álbumes máis crús da súa longa carreira, e sen dúbida, no que saca máis rendimiento con menos.
KIM AND LEANNE "True West"
(Guilt Free Recs/Bang! Records/Burger, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario