martes, 24 de abril de 2018

Melange "Viento Bravo"

Unha das xoias que nos quedaron atrás no 2017 foi este "Viente Bravo", o segundo lp dos madrileños Melange, con ex dos fantásticos Lüger e Los Imposibles. 
No seu momento xa vos recomendamos o seu debut (ver entrada), un tremendo álbum dobre, moi ambicioso e pouco habitual para un estreno, que nos presentaba unha interesante proposta de folk psychodélico, rock progresivo e space rock. 
A finais do ano pasado lanzaron este "Viento Bravo" que continúa a mesma liña e incluso, resulta máis acertado por concentrarse en nove temas nun só disco, todos cheos de matices moi distintos que lle dan ao conxunto maior dinamismo do aparente. Resultan hipnóticos dende o primeiro corte con 'Río Revuelto' ou o folk de 'Cotard', e sobre todo coa fantástica 'Ruinas', para min a máis salientable do álbum. Pero hai moito máis, os ritmos máis frenéticos de 'Cheroqui', a contundencia de 'Haftraum 25', a máis lisérxica 'Armas preparadas', e a explosión de ritmo final de 'Splendor Solis'. Recomendado!.

MELANGE "Viento Bravo"
(Discos Tere & Beyond Beyond is Beyond Records, 2017)




No hay comentarios: