miércoles, 25 de abril de 2018

Mequetrefe "Infraground"

Os Mequetrefe non se prodigan moito, pero cada vez que lanzan novo material sempre lles adicamos tempo. 
O seu último traballo data xa do 2013 ("Gobi EP"), e agora volven con este "Infraground" (Camila Records), con sete novos temas de space rock, psychodelia e electrónica, todo producido por Ian Crause (ex Disco Inferno). 
Abren  con 'Finlandia', que xa adiantaran en video clip o ano pasado, e segue con pezas que alternan as melodías pop con desenrolos instrumentais e xogos de texturas e atmósferas, pero máis concentrado que anteriores entregas. Recoméndovos 'Sálvame', 'Bastard's Party' ou 'Nine'.
Polo momento nos temos noticias de edición física deste traballo, pero xa o teñen dispoñible para escoita ou descarga de balde no bandcamp.

MEQUETREFE "Infraground"
(Camila Records, 2018)



No hay comentarios: