Levamos varias semanas escoitando o novo dos Yo La Tengo, e aínda non atopáramos un intre para adicarlle unha liñas.
Esquecédevos do "Ride the Tiger", "I Can hear...." ou "I'm Not Afraid..." por citar algún dos máis recentes. Este "There's a Riot Going On" é un traballo case que para escoitar coas luces baixas e deixarse levar, sen estridencias nin pezas espectaculares. É un álbum case conceptual, coma unha banda sonora imaxinaria para poñelo e deixarse levar, de melodías, susurros e texturas, pero no que as letras e a mensaxe son absolutamente protagonistas. O presentan directamente coma un álbum reflexivo para estes tempos escuros, retomando o ideal do "There's a Riot..." de Sly Stone, pero dende a tranquilidade e con caracter optimista.
Hai pezas de pop coma 'Shades of Blue', ou a enerxía contida de 'Fou you too', pero dominan as pasaxes puramente atmosféricas coma 'Shortwave', ou directamente algunha nana coma 'Dream Dream Away'. Tamén atoparedes pezas máis complexas con toques de bossa en 'Let's do it Wrong' ou as estructuras de jazz en 'Above the Sound'. Dende logo non será dos álbumes que máis recordedes dos YLT, pero pode ser do máis relaxante que ecoitáchedes en moito tempo. Adicádelle tempo.
YO LA TENGO "There's a Riot Going On"
(Matador Records, 2018)
No hay comentarios:
Publicar un comentario