A comezos de semana, os composteláns Malraio compartiron o seu novo.
Leva por título "Demo", e foi gravado nos estudios Potemkin de Santiago por Jacobo Iglesias e Dani Blanco, coa produción de Fon Botana, e as mesturas pasando por diferentes mans. Xa avisaran que todo o proceso presentara moitos maís problemas dos previstos, asi que alegrámonos de poder escoitalo rematado ao fin.
Son 8 temas que continúan a vía do seu anterior EP "Prótese", post-hardcore e melodías pop (pop pantanoso, din eles), e cunha instrumentación que gaña intensidade coa minutaxe de cada tema. As letras, por suposto, para escoitar varias veces e pensar un rato.
Por escoller dous temas, diríamosvos 'Ninja' e 'Obsolescencia', pero temos moito tempo por diante para darlle máis voltas.
Esperamos volver a velos en directo tan pronto coma sexa posible.
>> "Demo" no bandcamp de Malraio.
MALRAIO "Demo"
(Autoeditado, 2020)
No hay comentarios:
Publicar un comentario