miércoles, 1 de abril de 2020

Nine Inch Nails "Ghosts V: Together / Ghosts VI: Locusts"


Novas dos Nine Inch Nails deste mesmo fin de semana. 
Veñen de anunciar o lanzamento de dous novos álbumes dispoñibles xa en tódalas plataformas, e con descarga directa e de balde dende a súa web.

NINE INCH NAILS "Ghosts V: Together / Ghosts VI: Locusts"
(The Null Corp., 2020)

Trátase de "Ghosts V: Together" e "Ghosts VI: Locusts", que son a continuación daquel enorme "Ghosts I-IV" do 2008. Os catro volumes foran presentados coma unha banda sonora para soñar despertos, con 36 cortes sen título, e que fora a primeira incorporación de Atticus Ross máis aló das labores de produción.
Agora, unha vez integrado na banda da Trent Reznor, e logo de varias colaboracións en bandas sonoras para filmes, retoman a serie Ghosts con estes dous volumes.

Podedes facervos con eles directamente na web de NIN.


No hay comentarios: