O venres pasado lanzouse o novo traballo dos Dream Syndicate, que despois dos adiantos que levaban lanzados xa apuntaba a que iamos a tolear con el.
"The Universe Inside" é unha volta de torca máis á nova liña da banda dende a súa reunión no 2013, na que se manteñen Steve Wynn e o baterista Dennis Duck dende a súa fundación e o baixista habitual Mark Walton dende a época anterior. Ademáis contan nestes últimos tempos coas guitarras de Jason Victor e coa incorporación de Chris Cacavas nos teclados para este álbum. Ademáis suman nesta ocasión as colaboracións de Stephen McCarthy en multitude de cordas (sitar, steel), Marcus Tenney nos ventos (saxo e trompeta), e Johnny Hott coa percusión extra.
The Dream Syndicate foron un dos referentes daquel Paisley Underground californiano de metade dos 80s, que Wynn retomou máis de 25 anos despois coma se nada tivera pasado, con "How Did I Find Myself Here?" do 2017, "How We Found Ourselves ... Everywhere!" do 2018 no que adiantaban parte deste xiro á psicodelia, e "These Times" do 2019, todo con ANTI-.
THE DREAM SYNDICATE "The Universe Inside"
(ANTI-, 2020)
"The Unvierse Inside" xa é outra cousa, son cinco temas psicodélicos, poñendo ao seu servizo o rock, post-todo, e incluso arranxos de jazz, con sons e instrumentación de inspiración orientalista, recuperando as propostas máis ácidas de finais dos 60s.
En realidade, gravouse durante as sesións de "These Times", coma unha jam de 80 minutos, pero á que logo foron dando forma e unha identidade propia.
Abre coa descomunal 'The Regulator', que xa empregaron como presentación do álbum, unha peza de 20 minutos a modo de suite que dalgún modo xa desvela como seguirá o resto do álbum. En 'The Longing' retoman moitos dos elementos tradicionais da banda, pero para empregalos como contraste fronte ao ruidismo. 'Apropos of nothing' é segurament a peza máis psicodélica, acid rock con toques orientais e un increscendo que non acaba de estoupar, para conectar con 'Dusting off the Rust' un instrumental con ritmo máis frenético e maquinista. Para rematar, a fermosa 'The slowest rendition', síntese da psicodelia e o jazz cos Dream Syndicate dos 80s.

A inspiración de Wynn segue a dar resultados fantásticos, nesta ocasión completando un xiro brutal iniciado coa recuperación da banda, e que veremos cara onde segue. Un discazo que vos sorprenderá, do mellor que levamos escoitado no que vai de ano con diferencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario