O certo é que non podemos queixarnos da cantidade de oferta cultural que nos chega para pasar esta tempada. O sector cultural, tanto profesionais coma afeccionados, estan a volcarse para facernos este confinamento o máis soportable posible, así que estamos todos máis que en débeda con todos eles, e haberá que compensarllo (pero ben) cando todo volva a poñerse en marcha. Mutiplícanse as interactuacións na rede, compartense contidos de balde... e ata referentes das nosas vidas retoman a súa actividade.
A semana pasada, dende Ediciones La Cúpula lanzaron un número especial de El Víbora, a que foi durante moitos anos a revista máis lonxeva do panorama español, e un referente do comic alternativo e para adultos.
Durante os seus 25 anos de vida o seu lema era Comix para Supervivientes, e este número extraordinario o convirte en máis acertado se cabe.
O tedes dispoñible na web de Ediciones La Cúpula.
Compartídeo, e de paso, repasade o seu arquivo!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario