Comezamos semana con lanzamentos.
Isto non é nada novo, pero case coma se o fora.
The Groupies foi unha banda seminal de garage 60s de New York, habitual nas mellores coleccións do xénero, pero tan efímeros que apenas tiveron pegada nin tempo para demostra-lo seu potencial. Dende os 80s convertíronse en banda de culto da man dos Cramps, que incluíron o seu mitico 'Primitive' no "Psychedelic Jungle" de 1981, e así chegou ata a nosa xeración.
Na súa formación básica eran Norman 'Cooker' Desrosiers, vocalista e armónica, Pete Hendleman na guitarra, Gordon McLaren ao baixo e Bobby Cortez na batería. O seu son foi moi característico, semellante aos primeiros Electric Prunes ou The Seeds.
The Groupies foron tan efémeros que só publicaron un single, "Primitive / Hog (I'm A Hog For You Baby)" con ATCO en 1966, con bastante éxito, triunfando nos clubes de NYC e probando fortuna en Los Angeles, pero a súa historia rematou ahí.
As súas gravacións foron escasas, pero deixaron máis do que puideron amosar ao mundo. No 2005, Sundazed recuperou dous temas máis das súas gravacións "Down In The Bottom / You Changed Again", coa versión de Willie Dixon, publicado nun 7''.
Agora o selo BeatRocket (filial de Sundazed) recupera tódalas súas gravacións neste "Primitive". Por suposto os catro temas xa publicados, e unha boa colección de blues alucinado e garage psicodélico. Máis aló das coñecidas, recomendámosvos 'You'll be mine' ou a divertida 'You Can't Judge a Book By the Cover'. Inclúen entre os 13 cortes, o audio da presentación dun concerto que lles fixo Kim Fowley previo a 'Little Baby', e entre máis versións tamén atoparedes 'Gloria' dos Them.
Unha auténtica marabilla que recuperen esto.
THE GROUPIES "Primitive"
(BeatRocket, 2020)
No hay comentarios:
Publicar un comentario