jueves, 30 de abril de 2020

Pharoah Sanders "Live in Paris 1975"

Día Internacional do Jazz, así que imos con algo do xénero.
A recomendación de hoxe é dun dos grandes do jazz espiritual. Pharoah Sanders. A historia de Sanders é unha desas de loita contra os elementos, ata convertirse nun dos máis grandes, evolucionando dende o bebop cara o free jazz e o modal, e incorporando a rítmica africana nas súas composicións. Sen dúbida considerado un dos saxofonistas máis grandes da historia.
Nos seus primeiros anos chegou a grabar con Sun Ra, pero a comezos dos 60s pasou á primeira liña da man de John Coltrane, e trala súa morte continuou como pilar fundamental da banda de Alice Coltrane.
Dende ahí evolucionou ao jazz espiritual, plasmado en álbumes coma "Tauhid" ou "Karma" lanzados con Impulse! en 1967 e 69 respectivamente. Precisamente 'The Creator Has A Master Plan', a base do álbum "Karma", é unha das pezas centrais deste "Live in Paris 1975" que hoxe vos recomendamos, pero sen a parte vogal.

O álbum foi gravado polo Pharoah Sanders Quartet o 17 de novembro de 1975 no Grand Aditorium de Paris, sede do Studio 104 da Maison da Radio pública. A formación estaba composta por Sanders ao saxo, Danny Mixon piano e órgano, no contrabaixista Calvin Hill, e o baterista Greg Bandy. 
O repertorio daquela note repasaba algunhas das coposicións máis exitosas dos seus primeiros álbumes coma frontman: dúas partes de 'Love is Here', 'Farrell Tune', 'The Creator...', a suave 'IWant to talk about you', e o apoteósico final de 'Love is Everywhere' incorporando as voces cerimoniais, e rematando cun fantástico solo de Sanders.
Un concerto icónico, moitas veces mencionado, pero que nunca ata o de agora vira a luz coa suficiente calidade. Dende marzo xa o tedes dispoñible no selo Transversales Disques.

PHAROAH SANDERS "Live in Paris 1975 (Lost ORTF Recordings)"
(Transversales Disques, 2020)



No hay comentarios: