Máis recomendacións para o confinamento.
Hoxe achegámonos aos australianos The Chats.
"High Risk Behaviour" é o seu debut en lp , logo dun bo puñado de singles e eps nos últimos anos en diferentes formatos.
Son 14 temas que apenas chegan aos 28 minutos, que son todo un sopapo de aire fresco que tanta falta fai de cando en vez, e non te despistes por que se non podes perderte algún dos teus temas favoritos. Garage punk sen concecións á pausa, con influencia do hardcore californiano dos 80s: velocidade, diversión e todo actitude.
Quedámonos cos xiros de 'The Clap', 'Identity Theft' que a recuperan do single do ano pasado, 'Dine N Dash' ou 'Ross River' que son auténticos pepinazos, ou a enérxica 'Heatstroke'. Para o final nos deixan os temas máis elaborados, tanto por estrutura coma por duración: 'Do What I want' e 'Better than you'.
Todo un discazo de punk. Non o deixedes pasar.
THE CHATS "High Risk Behaviour"
(Bargain Bin Records, 2020)
No hay comentarios:
Publicar un comentario