viernes, 10 de abril de 2020

"Bug on Yonkers" tributo de Dwyer a Michael Yonkers

Mentres repasamos todos eses lanzamentos que estaban previstos para o Record Store Day, e polos que teremos que agardar, imos atopándo auténticas marabillas que están a poñernos os dentes longos.
Un deles é o novo dos Damaged Bug, a banda de John Dwyer paralela aos Oh Sees. "Bug On Yonkers" é o que Dwyer tiña preparado para este RDS, un álbum de homenaxe ao xenial Michael Yonkers.
Xa vostemos recomendado neste blog o "Microminiature Love" da Michael Yonkers Band, un auténtico pioneiro de novos sons nos efervescentes finais dos 60s. Eu non cheguei ata el ata que Sub Pop reeditou ese álbum no 2003, pero dende entón o teño coma un dos discos imprescindibles desa época.
"Bug On Yonkers" estará dispoñible online o próximo día 18 e en vinilo, se é posible, para o RSD do 20 de xuño.
En calqueira caso, unha ocasión perfecta para recuperar os discos de Yonkers.



No hay comentarios: