jueves, 10 de febrero de 2011

Andre Williams

Contar a historia de Andre Williams pode ser bastante máis surrealista e disparatada que calqueira filme blaxploitation. Subido aos escenarios na década dos 50 practicando un soul blues furioso, en 1960 publicou o seu primeiro álbum, o mítico "Jail Bait", como non lle gustaba cantar, simplemente recitaba as súas letras macarras (sempre falando de sexo explícito, festas e drogas, e polo seu estilo é considerado como o gran pioneiro do rap) logo traballou coma compositor para Motown Records, creando temas para Ike e Tina Turner, Stevie Wonder, ou George Clinton (Funkadelic e Parliament). e tamén foi o manager de Edwyn Starr... calqueira traballo da industria que o montivera lonxe dos escenarios, de feito só publicou outro álbum máis nos 60 e outro xa nos 80, sempre con reinterpretacións do "Jail Bait". Logo rematou de vagabundo, mendigando baixo unha ponte de Chicago, ata que a principios dos 90 alguén fixo o convenceu para voltar ós escenarios, e dende entón sempre rodeado de bandas de garage e r'nb como The Dirtbombs ou os Oblivians. Nestes últimos anos, xa con máis de 70 (naceu en 1936) o seu traballo se multiplica e cada vez é mellor e máis e máis macarra... estiven tentado a recomendarvos un par deles, pero a mellor entrada que atopei foi a do blog La Ruta del Mal, donde teñen cinco álbumes. En primeiro lugar o doble recopilatorio "Detroit Grease Vols 1 & 2", e logo os fantásticos "Silky" de 1998, "The Black Godfather" do 2000 con Mick Collins, "Aphrodisiac" do 2006 con The Diplomats of Solid Sound, e o "Can You Deal with It?" do 2008 con The New Orleans Hellhounds. O novo deste vello na seguinte entrada...


aproveitade para facervos con todo este material no blog La Ruta del Mal:


No hay comentarios: