1972 é seguramente o seu gran ano, será ademáis o seu último con Impulse! Records, pero publicará os que seguramente sexan os seus discos máis comprometidos, a comezos de ano o furioso "Attica Blues" e en setembro o desgarrador "The Cry of my People". Para rematar polo momento con Archie Shepp, quedámonos co primeiro, que está inspirado no motín da prisión de Attica (NY) de finais de 1971, que comezou cunha oleada de motíns carcelarios inciados na prisión de San Quintín (California) no me morreu tiroteado o lider dos Black Panthers George Jackson, pero que no caso de Attica rematou por converterse nunha das maiores vergoñas da política interior estadounidense, unha masacre de presos e recéns, e finalmente nunha victoria moral dos Black Panthers. Shepp escribeu este furioso álbum na memoria dos presos de Attica e do propio G. Jackson, non todo ía ser jazz, senón escoitade...
ARCHIE SHEPP "Attica Blues"
(Impulse! 1972)
descárgao en Improvised Solo:
*[tedes os enlace no primeiro comentario da entrada]
No hay comentarios:
Publicar un comentario