Por fin chega o álbum de debut de Franc3s, tra-las súas exitosas maquetas e dous EPs, xa tocaba algo moito máis serio. E aquí está o seu primeiro largo, na disqueira Los Enanos Gigantes (que agora me acabo de enterar que xa non é de Fernando Alfaro) e producido por Fino Oyonarte (ex Enemigos) e para o que ademáis contaron coa colaboración de membros de Triángulo de Amor Bizarro, Planetas, Schwarz e Klaus & Kinsky. O contido, o mesmo de sempre pero mellor feito... Onte foi a presentación oficial do álbum na súa vila (Carballo), e ademáis protagonizaban a portada do suplemento Fugas de La Voz de Galicia [ver entrevista]. Mentres a distribución non o leva á vosa tenda de discos este exemplar, xa podedes descargalo de balde no seu bandcamp. E por suposto moita máis cacharrada dos Franc3s no seu blog.
FRANC3S "Franc3s"
(Los Enanos Gigantes / PIAS Spain, 2011)
No hay comentarios:
Publicar un comentario