martes, 8 de febrero de 2011

Tura Satana

Tura Luna Pascual Yamaguchi 1938 - 2011
Tura Satana.

Quen llo ía dicir a unha exótica actriz que comezou a súa carreira cinematográfica da man de Billy Wilder en Irma la Douce (1963) con Jack Lemmon y Shirley MacLaine... foi da man de Russ Meyer, que escolleu os seus encantos para facer o papel protagonista da road movie máis delirante de tódo-los tempos Faster Pussycat! Kill! Kill! (Russ Meyer 1965). Dende aquela, para sempre será Varla...


Logo pouco máis que lle reportaran un éxito real. A súa figura continuou ligada por sempre a Faster Pussycat e ó universo de Russ Meyer, aínda que sen embargo rodou máis cintas baixo as ordes de outro dexenerado sen complexos Ted V. Mikels convertiuna na súa musa en un par de cintas malditas. Un deses papeles para recordar é de 1968 como protagonista de The Astro-Zombies (Ted V. Mikels, 1968):


En 1973 volveu protagonizar un filme mítico, pero esquecido para o mundo. The Doll Squad trataba de un comando de élite formado por fermosas mulleres de vida escura que en realidade eran investigadoras secretas ó servicio dun home misterioso... por suposto que a todos vos sona, en 1976 foi plaxiada na serie Charlie's Angels cos cambios necesarios para non ter que dar explicacións... Aquí téde-lo trailer de The Doll Squad (Ted V. Mikels, 1973) e unha escena de garito de Tura Satana...

No hay comentarios: