jueves, 10 de febrero de 2011

Roy Ayers & Fela Kuti "Music of Many Colours"

Sobre este álbum xa falamos varias veces, sempre referíndonos á historia, miragres e desastres de Fela Kuti. Podedes botarlle un ollo na entrada deste blog, ou no artigo orixinal en Libro de Notas (Fela Kuti. 2ª parte: del highlife al afrobeat). Roy Ayers comenzou coma un superdotado do vibráfono, durante anos foi un dos máis solicitados acompañantes en orquestas de jazz, ata que tra-lo prestixio dos álbumes "Ubiquity" (que tamén daba nome á banda que o acompañaba) de 1971 e do "Red, Black and Green" de 1973 lle ofreceron a posibilidade de compoñer a bso de Coffy (1973), unha das cintas míticas do blaxploitation, que o catapultou definitivamente ó éxito masivo. Pero ademáis de todo iso e moito máis, pode estar moi orguioso de ser un dos poucos occidentais cos que Fela Kuti aceptou traballar, e ademáis con bastante frecuencia. "Music of Many Colours" é o cumio das colaboracións entre Fela Kuti e Roy Ayers, xuntos chegaron a fundar un selo propio, e traballaron man a man en moitos temas, pero este é o seu único lp realmente conxunto. Dúas caras, dous temas, case que 20 minutos cada un, na cara a '2000 Black got to be Free', a quintaesencia do que moito despois se deu en chamar afrodisco, e na cara b 'Africa, centre of the world', afrobeat en estado puro con todo o protagonismo para o vibráfono de Ayers. 
ROY AYERS and FELA KUTI "Music of Many Colours"
(Celluloid Recs/MCA-UMR, 1980)


Descárgao no blog Zorba Le Break:


No hay comentarios: