miércoles, 16 de febrero de 2011

Archie Shepp "Four for Trane"

Se a semana pasada introducimos a sesión Nigger Soul Funk co extremos de Curtis Mayfield e Andre Williams, seguiremos nas próximas semanas con cracks do xénero que estén á altura. Tamén falamos do programa de tv Soul Train, e de recopilatorios de bso de Blaxploitation coma un dos principais transmisores da reivindicacións sociais dos afroamericanos de comezos dos 70. Esta semana toca Archie Shepp, un dos máis heterodoxos jazzman de tódolos tempos no musical, e dos máis comprometidos no político e social. Cando unha vez lle preguntaron pola súa música, limitouse a contestar "estamos traballando en buscar unha nova definición". Vernon "Archie" Shepp naceu en 1937, e dende entón, ata hoxe, que aínda vive pero xa con moita menos actividade, continúa sorprendendo co compromiso do seu discurso e a súa versatilidade á hora de encarar calqueira tipo de crossover jazzistico, polo que sempre será o abanderado do freejazz, ademáis de posiblemente o mellor saxo tenor da historia.


Naceu en Florida pero moi novo se mudou a Philadelphia, donde estudou piano, clarinete e saxo, ademáis de licenciarse en literatura dramática. En 1960 volve á súa Florida natal para formar parte de divesas bandas de rock e rhythm'n'blues, un fracaso total, que o levan a New York para adicarse ó teatro, pero tras conseguir tocar xunto con Bill Dixon, retoma a música e forma en 1963 a The New York Comtemporary Five. Case de inmediato conseguen unha xira por Europa, i en tan só un ano graban catro álbumes, pero se disolven por non conseguir contratos nos USA. Shepp regresa a New York, donde consegue un contrato como músico de estudio para Impulse! Records, de Coltrane, con quen aparece nas sesións de "New Thing at Newport", "A Love Supreme" e "Ascenssion". Coltrane aposta por el e encárgase de que grabe o seu álbum de debut "Four for Trane", catro temas de Coltrane interpretadas por Shepp. Comezaba así a súa carreira como auténtica estrela e co padriño perfecto. Pero sen embargo non se quixo adicar en exclusiva a iso, a finais dos 60 convértese en profesor da universidade de Buffalo (NY), e logo na de Massachusetts (donde permaneceu ata a súa xubilación en 2002), e grabando habitualmente en Francia... todo un inconformista que xa dende o seu segundo álbum quixo trascender dos standards máis clásicos do jazz moderno para achegarse ó soul, o funk e rhythm'n'blues como vía moito máis directa coa que trasmitir o seu mensaxo ó pobo afroamericano. Álbumes como "Fire Music" de 1965, "The Magic of Ju-Ju" (1967), "For Losers" de 1971, e os tremendos "Attica Blues" e "The Cry of my People" ambos de 1972, son seguramente as máis duras denuncias contra a represión dos afroamericanos, e os mellores alegatos musicais en prol da igualdade de dereitos da súa época. Na segunda metade da década de 1970 volve musicalmente á tradición, pero conservando a súa peculiar intensidade e o seu particular sonido. 


Dende a súa xubilación, que voluntariamente fixo coma profesor universitario e como frontman, continúa como instrumentista acompañante dos seus colegas e con novos talentos a quen produce dende o seu selo discográfico Archieball Records. Todo un personaxe atípico no sacrosanto universo do jazz, que soubo trascendelo mentres se mantiña coma unha das súas figuras máis respetadas. Aquí o tedes compartindo escenario con Frank Zappa, interpretando 'Let's Move to Cleveland' en 1984, tema que foi incluído nos extraordinarios volumes de Zappa "You Can't Do That on Stage Anymore, Vol. 4" (Rykodisc 1991).


Aquí tedes o seu debut:
ARCHIE SHEPP "Four for Trane"
(Impulse!, 1964)




descargádeo no blog Improvisedsolo:

*[tedes o enlace no primeiro comentario da entrada]

Como tódo-los temas deste álbum son composicións de Coltrane, mellor incluímos a Shepp colaborando directamente co seu mestre, aquí tedes ó saxo de Shepp no 'Acknowledgement' de Coltrane das sesións de "A Love Supreme" de 1964:

No hay comentarios: