jueves, 17 de febrero de 2011

Blaxploitation... remakes de terror

Hoxe unha mini entrega de MondoRifPOP. 
Outro día voltaremos a falar en serio e seguro que extensamente sobre o xénero blaxploitation, pero o pasado venres, durante a sesión NiggerSoulFunk de Psychedelic Munstaphà estivemos uns cantos frikis botando contas de grandes filmes blaxploitation. Por suposto as maiores risas foron a causa dun dos seus subxéneros máis populares, ese no que os irmáns afroamericanos facían de aprendices de Hammer Productions e se atrevían a  recrea-la literatura clásica de terror con outra cor, todas elas de American International Pictures (AIP). Ahí van cinco apuntes, pero o dito, prométovos proximamente unha entrega de MondoRifPOP adicada ó Blaxploitation.

Blacula (1972).
A primeira delas floi Blacula, o Drácula Negro, de 1972, aínda nos inicios do xénero. Está dirixida  por William Crain, e protagonizada por William Marshall, Vonetta McGee, Denise Nicholas e Gordon Pinsent. O argumento nos leva a 1780, cando o príncipe africano Mamuwalde viaxa a Rumania para reclama-los servicios de Drácula para rematar coa trata de escravos coa que os europeos aniquilan ó seu pobo. Este négase e convérteo en vampiro, que remata nun cadaleito, que por casualidade unha parella de homosexuais afroamericamos  mercan en 1972 como reclamo interiorista. Por suposto o cadaleito áinda tiña a Mamuwalde dentro... e así comeza a historia do Drácula Negro nas rúas de L.A. Foi todo un éxito de taquilla nos USA, hoxe en día inxénua a máis non poder, pero imprescindible alomenos unha vez na vida...


Scream, Blacula, Scream! (1973).
Tan só un ano despois xa estaba nas pantallas a segunda entrega de Blacula. O éxito da anterior fixo posible un maior presuposto, un director veterano e unha estrela no reparto. Bob Kelljan púxose á fronte da rodaxe, na que repetía William Marshall como Blacula, e incorporaba a Pam Grier como gran reclamo. A mellorea técnica resulta evidente, sobre todo nos efectos especiais. En canto ó argumento é moito máis directo, posto que Blacula xa estaba en LA, así que podían aforrar disparates literarios. Desta ocasión fan unha aposta aínda máis importante pola cultura afro, mesturando a Blacula con sociedades secretas de Vudú, adaptándoas a unhas escenas de corte totalmente Hammer...


Blackenstein. The Black Frankenstein (1973).
Do mesmo ano que a segunda entrega de Blacula, o subxénero acababa de desatarse. O seguinte clásico en convertirse en negrata foi o enxendro de  Frankenstein. De feito Blackenstein foi estreada meses antes que Scream Blacula Scream!, e polo resultado en conxunto semella que se diron moita presa en facelo, porque agás uns cantos detalles, coma o sangue e as esceas nas que Blackenstein masacra ás súas víctimas todo está cheo de incoherencias e incorcondancias (por exemplo entre día e noite, vestiario,  algún decorado movil, etc...). Os protagonistas son John Hart, Andrea King, Ivory Stone e Liz Renay. A historia vai dun ciruxano de vangarda (o dr. Stein), que comeza no seu laboratorio macabro nun sótano de L.A. cando está facendo un extraño experimento, chega a visitalo unha exalumna súa, que lle conta que o seu mozo acaba de chegar de Vietnam gravemente ferido, isto é sen brazos e sen pernas. Stein vai visitalo ó hospital, e o comprobar como o persoal sanitario o maltrata polo seu estado e abetamente racista, deciden trasladalo ó seu laboratorio onde lle inxertarán as catro extremidades... e por suposto Malcomb o axudante (o Igor, ou Aigor, do dr. Stein) o estraga todo, comeza a sufrir cambios físicos (ata lle sae moucha afro de golpe) e mentais, escapa da mansión e mata a todo paisanos que se topa por diante... a ver se vos atrevedes con esta.


Abby. The Black Exorcist (1974).
Esta é unha das cintas malditas do xénero, non en plan de que os partipantes da rodaxe fosen morrendo en extrañas circunstancias, senón en canto a que foi todo un éxito pero a Warner Bros. a denunciou por plaxio do seu recente éxito El Exorcista (W.Friedkin, 1973). Nesta versión, unha excavación arqueolóxica nunha cova de nixeria, o dr. Williams (interpretado por William Marshall, que a estas altura xa coñecedes por interpretar a Blacula) atopa unha caixa coa iconografía que representa ó deus yoruba (lembrade a Fela Kuti) Eshu, o deidade do caos, dos torbellinos, do engano, e do sexo... mentres manipulan a caixa esta ábrese, e o espíritu que contiña encerrado durante milenios fuxe, e... coma non, cruza o Atlántico cara os USA, a Louisville, donde posúe a Abby, que xa non é precisamente unha nena, así que a maior parte da acción transcurre en clubes nocturnos na vez dun dormitorio infantil.
Foi todo un éxito, rodada cun presuposto mínimo, pero no pouco tempo que estivo en pantalla recadou máis de catro millóns de dólares. Por suposto perderon a demanda coa Warner, máis ben por reproducir comentarios, e tiveron que retirar tóda-las copias do mercado. De feito nese momento tamén se produxo un incomprensible debate sobre os dereitos de distribución da película, o que levou a que a cinta se perdera da circulación pública durante moitos anos. Non volveu ser editada ata o 2006. Aproveitade agora que aínda é posible, non vaia ser que se perda outra vez...


Dr. Black and Mr. Hyde (1976).
O último dos clásicos de terror do xénero blaxploitation. Volta os clásicos de terror do século XIX, e nova oportunidade para William Crain (director da primeira entrega de Blacula). Aquí xa deixan pouco marxe á inventiva, os detalles da trama actualízanse á década de 1970, algún un tanto forzado, pero respetando case toda a historia clásica. Dous doutores (o dr. Henry Pryde, interpretado por Bernie Casey, e a dra. Billie Worth, que é Rosalind Cash) investigan nun suero de rexeneración hepática, o dr Pryde comeza a experimentalo con vagabundos e enfermos pobres nunha clínica gratuíta na que colabora, a dra Worth descúbreo case ó tempo en que Pryde lle confesa que está namorado dela, cando esta o rexeita tanto sentimental como éticamente polos seus actos, o Dr Pryde inxéctase o suero e prodúcese un extrano resultado: convírtese nun xigantesco e monstruoso home branco!!! Puro blaxploitation!!! o monstruo resulta ser un neandertal indestructible!!!
Polo demáis xa sabedes, unha prostituta amiga (Linda, que nesta historia era paciente deles, e interpretado por Marie O'Henry), asesinatos de outras putas e proxenetas e o de sempre, a investigación da policía e as dúbidas de Linda para non delatar ó monstruo que está a axudarlle.
.


No hay comentarios: