Esto podería comezar coma o Equipo A... En 1982, catro punks de fortuna, blablablá... formaron THE LORDS OF THE NEW CHURCH, compostos polo enorme Stiv Bators (The Dead Boys), Brian James (The Damned), Dave Tregunna (Sham 69) e Nicky Turner (The Barracudas), unha formación de luxo, que se propuxeron crear unha banda acorde ós tempos que corrían e ó seus propios presupostos. Eran punks, si, pero o mainstream xa ía por outros camiños, e non o podían desaproveitar. En realidade, con The Lords compuxeron seguramente as mellores cancións da súa carreira, e o seu éxito foi enorme, pero o paso do tempo segue sen perdonar esas horribles superproduccións dos anos 80... 'Dance with me' foi un dos seus temas máis famosos. Inocente(?) pedofilia gótica, eran outros tempos...
A comezos do s.XX o arreglistas franceses Marc Collin e Oliver Libaux forman Nouvelle Vague, unha banda coa que transformar clásicos da new wave musical (aínda q co tempo van ampliando a tódo-los estilos de finais dos 70 e dos 80 que transcenden o caixón 'desastre' da new wave) en fermosas pezas acústicas inspiradas na rítmica da bossanova para as que contan coa colaboración de intérpretes da nova-nova-chanson... Este é o seu 'Dance with me' dos Lords, que cambia absolutamente as súas connotacións formais, co video do filme Bande à part do xigante Godard:
No hay comentarios:
Publicar un comentario