Gary Numan e os seus Tubeway Army foron dos pioneiros da electrónica británica, logo inmersa no todo-vale da New Wave, pero sempre fieis ó seu synth-pop. Este 'Down in the Park' pertence ó seu segundo álbum de estudio cos Tubeway Army, "Replicas" de 1979 co que foron en número 1 de ventas no Reino Unido e medio mundo. Meses despois subéuselle a fama á cabeza, e os millóns de libras, desfixo a súa banda e lanzouse en solitario... éxitos, fracasos, escándalos e disparates se sucederon mentres Numan se convertiu no personaxe máis odiado de todo o pop británico, aínda que logo se lle descubriría o síndrome de Asperger, e foi xenéricamente perdoado por tóda-las súas tonterías, ademáis de ser convertido en icono xeracional e un dos padriños da música electrónica, e aclamado por xente coma Nine Inch Nails como influencia directa. Este 'Down in the Park' e dos temas que máis me gustan de tóda-las súas fanfarronerías...
Co éxito de Gary Numan é o novedoso da súa proposta é lóxico que dende moi cedo houbese moitas versións dos seus temas, dende bandas de techno pop e djs ata Marilyn Manson... pero quen mellor recolleu o espíritu deste temas sobrecolledor foron os Foo Fighters, que escolleron este 'Down in The Park' para participar no "Songs in the Key of X: Music from and Inspired by the X-Files" a banda sonora de Expediente-X de 1996, aquí tedes o audio de estudio, pero aquí vos deixo un videom no que o Dave Grohl anuncia o tema, que todos coñecen pero ninguén do público sabe quen era Gary Numan..., terrible!!!:
No hay comentarios:
Publicar un comentario