jueves, 24 de febrero de 2011

Quincy Jones Vs The Clique

Imos ata 1969... sen dúbida o filme "The Italian Job" (1969, dir: Peter Collison) é un dos cumios do cine pop, e unha das cintas máis infravaloradas da historia. Pero a parte de tóda-las súas virtudes, destaca tamén a banda sonora composta por Quincy Jones, que contiña algunhas xoias coma o 'Get a Bloomin' Move On' ou 'The Self Preservation Society' inspiradas no patriótico 'Rule! Britannia!' do século XVIII, e no que as voces son dos propios protagonistas do filme, isto é Michael Caine, Benny Hill, Noel Coward, Barry Cox ou Ralph Vallone entre outros moitos... Se queredes escoitar só o audio orixinal aquí o tedes, pero mellor vos deixo os temas coas escenas finais da peli...




Nos anos 90, os británicos The Clique conseguiron coma ningunha outra banda que se falara dun 3ª época mod, un auténtico disparate, nunca deixaron de ser un fénomeno lumpen entre madchester e o britpop, pero The Clique foron ata comezos deste século o mellor expoñente no novo frekbeat cun recoñecimento mínimo, ou nulo. O seu segundo álbum titulouse precisamente "Self Preservation Society" (Detour Recs, 1995), e remataba con este fantástico medley cheo de cambios de ritmo en homenaxe a The Italian Job. Unha das miñas banda favoritas!!!


No hay comentarios: