viernes, 4 de febrero de 2011

The Fall "The Wonderful and Frightening World of..."

En realidade este álbum era da semana pasada, estaba prometido, pero ata hoxe non recordei o asunto... O Marabilloso i Espantoso Mundo de The Fall é un dos míticos álbumes da banda de Mark E. Smith, e o primeiro que firmaron para unha compañía grande, como naquel momento era Beggars Banquet, ademáis da súa importancia na historia da banda por se-lo primeiro da etapa con Brix Smith entre os seus membros, e inaugurando unha etapa mitificada por moitos... Eu a teño mitificada dende pequeno polo tema 'Elves', na que uns terribles elfos roubaban a rítmica do 'I Wanna be your dog' para que Mark botara a súa vomitona, non sei cal das dúas metía máis medo... Na súa edición orixinal de 1984 contiña na súa versión en lp 9 temas, que na versión en cassette se ampliaban a 16 ó incorporar os temas extras do "Call for Escape Route EP" e as caras b do 7'' "Oh, Brother!", todos do mesmo ano. Cando se publicou en cd en 1988 fíxose igual que no formato cassette. E a finais do ano pasado lanzouse unha reedición de luxo en 4 cds, da colección Omnibus Edition, que inclúe tóda-las demos, mezclas diferentes, peel sessions e directos. Unha marabilla espantosa!!!

THE FALL "The Wonderful and Frightening World of The Fall"
[Beggars Banquet, 1984]


Descargádeo no blog The Box and The Ghost in It:
*na entrada están os cinco lps da época de Brix Smith con The Fall entre 1984 e 1988, facédevos con todos!!!

No hay comentarios: