miércoles, 25 de marzo de 2015

Alipio "Despues del Final"

A Alipio Santiago o coñecedes todos de ter participado en diversas bandas da comarca e algún que outro proxecto efímero que actuou en directo no Rif-Rock.
Agora no 2015 chegoulle o momento de achegarnos os seus propios temas, e aquí está "Después del Final" un álbum autoeditado, con 10 cortes de rock industrial, con capas e capas de guitarras que lle aumentan intensidade, letras en castelán, e no que o propio Alipio de encarga de case todo: composición de música e letras, voces, guitarras e baixo. Todo gravado nos estudios Planta Sónica de Vigo coa participación de 'Niño' Bruno na batería e Alfredo Susavila no piano, e masterizado por Fred Kevorkian nos seus AVatar Studios de NYC.
Xa o tedes dispoñible no seu bandcamp, e dende hai un par de semanas tamén o podedes mercar o Rif-Rock por só 4€.

ALIPIO "Después del Final"
(autoeditado, 2015)



No hay comentarios: