jueves, 5 de marzo de 2015

The Cramps "Big Beat from Badsville"

E por suposto, era obrigado recomendarvos este álbum antes da sesión do sábado. Volvemos con The Cramps, coa portada que empregamos para o cartel.
"Big Beat from Badsville" foi o seu séptimo álbum, de 1997, e aínda que habitualmente se pensa que queimaron tódo-los seus cartuchos nos seus primeiros álbumes, eu lembro con especial cariño cando sacaron cada un dos últimos, pero sobre todo este. Arranca atronador con 'Cramp Stomp', 'God Monster' e 'It thing hard-on' e manten un nivel máis que digno a outro ritmo durante os 14 temas: 'Sheena's in a Goth Gang', 'Queen of Pain', 'Hypno Sex Ray'... e ó volver a escoitalo de tirón despois de moito tempo segue a parecerme fantástico! Foi o penúltimo álbum de estudio que publicaron, e como curiosidade o único da súa carreira no que non incluían ningunha versión. 
No 2001 foi reeditado polo seu propio selo Vengeance Records con tres temas extras. Unha semana estupenda para recuperalo!!

THE CRAMPS "Big Beat from Badsville"
(Epitaph Records, 1997)



No hay comentarios: